RCD / NOVAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

02/12/2018 22:09

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA pechouse hoxe domingo con 4 partidos, os 4 en Abegondo: Deportivo ABANCA B (6-0 fronte ao CP Alertanavia), Xuvenil A (0-1 ante o Real Racing Club), Cadete B (3-0 fronte ao Galicia de Caranza) e Infantil B (4-0 ante o Bergantiños B).

Do resto de encontros destacou o Fabril, onte sábado 1 de decembro.

O filial branquiazul recibiu ao Real Madrid Castilla nun duelo con certa urxencia clasificatoria para os branquiazuis; após a freada sufrida a pasada fin de semana ante o Atlético de Madrid B.

O partido foi dos que fan afección e culminou nunha espectacular remontada fabrilista con 3 goles en 15 minutos, pasando do 1-3 no minuto 56 ao 4-3 definitivo.

Competiron onte fóra da Cidade Deportiva, ademais dos alevíns e benxamíns, o Xuvenil B e Cadete A, estes en dobre choque ante o CD Areosa (2-1 e 1-1 respectivamente) na Xunqueira (Comesaña - Vigo).

O primeiro partido oficial foi o pasado venres, e saldouse con triunfo claro (15-0) en Abegondo do Infantil A sobre o SCD Milagrosa, co que o equipo deportivista mantense líder en solitario do grupo norte da liga Galega.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
14ª xornada: FABRIL 4 (Víctor -2-, May e Uxío) - REAL MADRID CASTILLA 3

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 13ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 6 (Alba Suárez -2-, Carlota, Antía, Lara e María Calvo) - CP ALERTANAVIA 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 14ª xornada: XUVENIL A 0 - REAL RACING CLUB 1

Liga Nacional, 13ª xornada: CD AREOSA 2 - XUVENIL B 1 (Luque)

Categoría cadete
División de Honra, 13ª xornada: CD AREOSA 1 - CADETE A 1 (Axel)

Liga Galega, grupo norte, 13ª xornada: CADETE B 3 (Xosé, Carlos e Mella) - GALICIA DE CARANZA 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 13ª xornada: INFANTIL A 15 (Marco Baña, Álvaro -2-, Martín, Domínguez -6-, Miguel, Noah e Mella -3-) - SCD MILAGROSA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 15ª xornada: INFANTIL B 4 (Álvaro, Óscar, Martín e Vergara) - BERGANTIÑOS CF B 0

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 8ª xornada: ORILLAMAR SD A 0 - ALEVÍN A 6 (Rubén -2-, Jorge -2- e Murilo -2-)

Segunda Comarcal A Coruña, 6ª xornada: ALEVÍN B 6 (Guille, Balbas, Rubén, Leandro, Anxo e Yago) - CF DEPORTIVO ORZÁN B 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 6ª xornada: ORILLAMAR SD A 0 - BENXAMÍN A 6 (Trigo -3-, Gael, Uxío e Joaquín)

Segunda Comarcal A Coruña, 6ª xornada: IMPERATOR OAR C 0 - BENXAMÍN B 12 (Raúl -5-, Lucas Vázquez, Hugo, Nico, José e Rodrigo -3-)