RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Esta fin de semana disputouse unha nova xornada de liga en #ANOSACANTEIRA. Repetiron partido esta semana Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete B e Infantil A.

De todos eles, xogáronse unicamente en Abegondo os encontros do Cadete B (6-0 contra o Orillamar SD) e Infantil A (7-0 ante o EF Lalín), onte sábado ás 10:00.

Competiu, e ben, lonxe da Cidade Deportiva a Fabril fronte ao Unionistas de Salamanca Cf.

Após a espectacular remontada da pasada fin de semana ante o Real Madrid, Sergio Pellicer, técnico fabrilista, buscaba encadear resultados positivos que permitan ao filial saír da zona perigosa.

E conseguiuno cun empate (0-0) que puido ser un botín máis saboroso se May, Gandoy ou Montiel non acertasen ante a meta rival.

Para hoxe domingo quedaron os compromisos do Deportivo ABANCA B (2-2 en Sanxenxo contra as Viaxes InterRías FF), Xuvenil A (3-2 en Santander fronte ao Atlético Perines) e Xuvenil B (1-1 en Vigo ante o UD Santa Mariña).

Destacou a visita do Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina con 39 puntos, ás Viaxes InterRías FF, segundo con 35 puntos.

O duelo acabou en igualada (2-2), e as deportivistas manteñen a súa vantaxe de 4 puntos á fronte da táboa: 40 puntos agora o Deportivo ABANCA B por 36 das Viaxes InterRías FF.

Esta fin de semana toca descanso nas competicións de liga para alevíns e benjamines; ademais do Cadete A e Infantil B, cuxos partidos pasaron ao xoves 13 e mércores 12 respectivamente.

No caso do Cadete A, o motivo foi a súa participación esta fin de semana no Torneo Vila de Cabanillas (Navarra), no que acabou en 6ª posición.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B

16ª xornada: UNIONISTAS DE SALAMANCA CF 0 - FABRIL 0

Categoría feminina

Primeira Autonómica Feminina, 14ª xornada: VIAXES INTERRIAS FF 2 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Antía e Patri López)

Categoría xuvenil

División de Honra, 16ª xornada: ATLÉTICO PERINES 3 - XUVENIL A 2 (Valín e Armas)

Liga Nacional, 15ª xornada: UD SANTA MARIÑA 1 - XUVENIL B 1 (Luque)

Categoría cadete

División de Honra, 15ª xornada: UD SANTA MARIÑA - CADETE A, o xoves 13 de decembro ás 17:00 en Cotogrande (Vigo)

Liga Galega, grupo norte, 15ª xornada: CADETE B 6 (Lombao, Matos, Manu Berrocal, Mella -2- e Carlos) - ORILLAMAR SD 0

Categoría infantil

Liga Galega, grupo norte, 15ª xornada: INFANTIL A 7 (Martín -3-, Domínguez -2-, Mardones e Martiño) - EF LALÍN 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 17ª xornada: INFANTIL B - SPORTING CORUÑÉS SD, o mércores 12 de decembro ás 19:00 en Abegondo