RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Tralo parón do Nadal, volveron á competición ligueira os xuvenís, cadetes, infantís, alevíns e benxamíns branquiazuis, ademais do Deportivo ABANCA B de categoría feminina.

En Abegondo xogáronse un total de 4 partidos. O Fabril abriu o lume onte sábado ante o Internacional de Madrid, no primeiro partido da segunda volta.

Das dúas novas fichaxes do filial, só Ignacio Abeledo puido debutar, posto que Arturo Segado non ten aínda a documentación en regra.

Un penalti condenou ao filial deportivista (0-1) nun partido igualado que puido caer para calquera dos dous equipos.

Tamén xogaron en Abegondo, todos hoxe domingo 13, Xuvenil A, Deportivo ABANCA B e Cadete B, ante CD Colindres (5-0), Antas SD (3-0) e CD Calasanz B (0-2).

Os demais equipos de #ANOSACANTEIRA competiron fóra de Abegondo, todos eles na Coruña e Cambre, onte sábado 12. Gañaron Cadete A (1-2), Infantil A (1-5) e Infantil B (0-1); e acabou con inesperada derrota o Xuvenil B (2-1).

O Infantil A arrancou a Fase polo Título da Liga Galega. O formato de competición é de liga a unha soa volta entre os 8 primeiros clasificados do grupo norte e os 8 primeiros do grupo sur. O primeiro rival foi o Victoria CF, no campo coruñés da Leyma, ao que derrotou con claridade (1-5).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
20ª xornada: FABRIL 0 - INTERNACIONAL DE MADRID 1

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 16ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (María Calvo, Michelle Clemente e Alba Suárez) - ANTAS SD 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 19ª xornada: XUVENIL A 5 (Armas -3-, Óscar Lorenzo e Litos) - CD COLINDRES 0

Liga Nacional, 18ª xornada: ORILLAMAR SD 2 - XUVENIL B 1 (Landeira)

Categoría cadete
División de Honra, 18ª xornada: URAL CF 1 - CADETE A 2 (Noel e Novoa)

Liga Galega, grupo norte, 18ª xornada: CADETE B 0 - CD CALASANZ B 2

Categoría infantil
Fase polo Título, 1ª xornada: VICTORIA CF 1 - INFANTIL A 5 (Martín -2-, Rubén, Mella e Marco Baña)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 20ª xornada: SPORTING CAMBRE 0 - INFANTIL B 1 (David Carballo)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 11ª xornada, última: ALEVÍN A 10 (Álex -3-, Murilo, Bruno, Anxo, David, Jairo, Jorge e Erick) - ED LUIS CALVO SANZ A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 8ª xornada: ALEVÍN B 12 (Diego -3-, Rilo -2-, Leandro -2-, Balbas -2-, Rubén, Pablo e Nico) - SANTA MARÍA DEL MAR B 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 8ª xornada: BENXAMÍN A 3 (Paulo, Iago Trigo e Joaquín) - SPORTING CORUÑÉS A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 8ª xornada: BENXAMÍN B 5 (Iago Varela -2-, José Quiroga, Iago Lameiro e Raúl) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF C 0