RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A estrea de Luisito no banco do Fabril, hoxe domingo (2-0), nun partido crucial para a salvación; e o dobre derbi (Xuvenil B e Cadete A) de onte sábado 9 de febreiro en Vigo ante o RC Celta (2-1 en ambos os partidos), foron os choques máis destacados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

En Segunda División B, o filial deportivista impúxose a un rival directo con toda xustiza e dá un primeiro paso cara á salvación. Os goles de May e Montiel esta vez si foron definitivos.

Tamén xogaron en Abegondo hoxe o Xuvenil A (4-1 ao Covadonga) e onte o Cadete B (3-1 ante o Bergantiños CF B).

Pola súa banda, competiron na Coruña o Infantil A (2-4 ante o Ural CF) hoxe domingo; e onte o Infantil B (1-2 ante o Atlético Coruña Montañeros CF B).

En categoría alevín, o Deportivo A iniciou o Trofeo Luis Calvo de fútbol 11 no grupo norte. O seu primeiro rival foi o Atlético Coruña Montañeros CF, en Abegondo hoxe domingo 10 de febreiro (2-0). O formato de competición é de liga a unha soa volta. O campión do grupo norte xogará no mes de maio a final no campo das Eiroas de Carballo contra o campión do grupo sur.

Tamén o Benxamín B púxose en marcha na Segunda Fase do grupo 1º A Coruña. Derrotou (2-1) ao AD Peñarredonda A en un disputado partido.

Tocou descanso esta semana para o Deportivo ABANCA B.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
24ª xornada: FABRIL 2 (May e Montiel) - BURGOS CF 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 23ª xornada: XUVENIL A 4 (Kilian, Gonçalo, Iván e Israel) - CD COVADONGA 1

Liga Nacional, 22ª xornada: RC CELTA B 2 - XUVENIL B 1 (Peke)

Categoría cadete
División de Honra, 22ª xornada: RC CELTA 2 - CADETE A 1 (Noel)

Liga Galega, grupo norte, 22ª xornada: CADETE B 3 (Adrián Lombao, Xosé e Trigo) - BERGANTIÑOS CF B 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 5ª xornada: URAL CF 2 - INFANTIL A 4 (Domínguez, Manu Berrocal, Mella e Martín)

Primeira Autonómica, 24ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B 1 - INFANTIL B 2 (Vilela e Óscar)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 1ª xornada: ALEVÍN A 2 (Bruno e Cristian) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

Segunda Fase da Segunda Comarcal A Coruña, 2ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ C 1 - ALEVÍN B 6 (Guillermo, Balbas, Yago, Nico Ruiz, Raúl e Íker)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 12ª xornada: OZA JUVENIL SD A 0 - BENXAMÍN A 7 (Joaquín -2-, Íker -2-, Mauro, Yago Trigo e Gael)

Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 1ª xornada: BENXAMÍN B 2 (Javi e Raúl) - AD PEÑARREDONDA A 1