RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Hoxe domingo xogáronse os dous encontros máis destacados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, os dous lonxe da Cidade Deportiva:

O Fabril igualou (0-0) co CF Salmantino no Estadio Helmántico. O equipo dirixido por Luisito, após a vitoria da pasada fin de semana, logrou manter a cero a súa portería por segunda vez consecutiva, aínda que o filial precisa sumar de 3 en 3 dada a súa situación na táboa.

E na División de Honra, o Xuvenil A foi superado (3-0) polo RC Celta no derbi galego da categoría.

O último encontro hoxe fóra de Abegondo protagonizouno o Alevín A, vencedor en Ferrol (0-9) na 2ª xornada do Trofeo Luis Calvo de fútbol 11.

Ademais do Cadete A pasado venres ante o Atlético Coruña Montañeros CF (4-2), xogaron tamén en Abegondo o Deportivo ABANCA B, hoxe domingo (3-0); e onte sábado: Xuvenil B (2-0), Infantil A (13-0) e Infantil B (1-3).

Finalmente, o Alevín B disputou o seu partido de liga correspondente a esta xornada o pasado sábado 9, posto que o conxunto deportivista participou esta fin de semana nun torneo amigable en Xenebra (Suíza). Acabou nunha meritoria cuarta praza, nun trofeo que reuniu a algúns dos mellores equipos europeos.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
25ª xornada: CF SALMANTINO 0 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 20ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Carlota, Patri López e Lucía) - SD VILLESTRO 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 24ª xornada: RC CELTA 3 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 23ª xornada: XUVENIL B 2 (Víctor e Luque) - AROSA SC 0

Categoría cadete
División de Honra, 23ª xornada: CADETE A 4 (Antón, Nils, Mario e Abele) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2

Liga Galega, grupo norte, 23ª xornada: ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE 0 - CADETE B 3 (Abele, Trigo e Jacobo)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 6ª xornada: INFANTIL A 13 (Mella -4-, Marco Baña, Martín -3-, Domínguez, Gabriel, Monteagudo e 2 futbolistas rivais en propia meta) - EF PORTERO '2000' 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 25ª xornada: INFANTIL B 1 (Murilo) - CD CALASANZ B 3

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 2ª xornada: EF RACING DE FERROL A 0 - ALEVÍN A 9 (Murilo -3-, Daniel -2-, Cristian -2-, Jorge e David)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 13ª xornada: BENXAMÍN A 10 (Yago Trigo -2-, Joaquín, Uxío -2-, Ioan, Paulo, Íker, Mauro e Pablo Ronquete) - SD SAN TIRSO A 1

Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º, 2ª xornada: SPORTING CORUÑÉS C 0 - BENXAMÍN B 14 (Raúl -4-, José Quiroga -3-, Iago Varela -3-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro e Hugo)