RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O empate do Xuvenil A en Santiago hoxe domingo puxo o punto e final ao fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

A xornada arrincou o pasado venres co encontro entre o Infantil A e o Calasanz en Abegondo, pertencente á Fase polo Título Galego. O choque foi para un Dépor fiable (3-1), que todo apunta que se xogará co Celta o campionato.

Tamén xogaron, e gañaron, en Abegondo onte sábado o Xuvenil B (1-0) e Cadete A (11-1).

Fóra de casa, o Fabril visitou ao Coruxo (1-0), o Cadete B ao EF Lalín (1-1); e o Infantil B ao Bergantiños (0-3).

O filial caeu en Vigo ante o Coruxo nun choque igualado que decidiu un tanto local á media hora. Con este resultado, o conxunto de Gustavo Munúa é cuarto clasificado con 44 puntos, cun punto de desvantaxe sobre Rayo Majadahonda e Rápido de Bouzas, segundos con 45 puntos.

Finalmente, o Infantil do Deportivo compite esta longa fin de semana, aproveitando a festividade de Entroido, na localidade portuguesa de Ponte de Frielas nun torneo internacional de fútbol 9.

O conxunto deportivista disputará mañá as semifinais ante Os Belenenses, após completar unha gran Primeira Fase con dous triunfos e un empate.

Esta fin de semana ten descanso o Deportivo ABANCA B, Alevín A, Alevín B e Benxamín B.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
25ª xornada: CORUXO 1 - FABRIL 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 23ª xornada: SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 - XUVENIL A 1 (Pedro)

Liga Nacional, 22ª xornada: XUVENIL B 1 (Jorge) - CHOCO 0

Categoría cadete
División de Honra, 22ª xornada: CADETE A 11 (Mario -2-, Juan -2-, Portas -3-, Rares, Do Carmo e Concheiro -2-) - CHOCO 1

Liga Galega, grupo 1º, 22ª xornada: EF LALÍN 1 - CADETE B 1 (Hugo)

Categoría infantil
Torneo Infantil de Ponte de Frielas (Portugal)
Primeira Fase
Sábado 10 de febreiro
ESTORIL 0 - DEPORTIVO 4 (Álvaro -2-, Meki e Manu)

Domingo 11 de febreiro
BENFICA 1 - DEPORTIVO 1 (Carreira)
PONTE DE FRIELAS 0 - DEPORTIVO 7 (Álvaro -2-, Gabri, Martiño, Mella, Marcote e Carreira)

Luns 12 de febreiro
Semifinal
17:00: OS BELENENSES - DEPORTIVO

Fase polo Título da liga Galega, 5ª xornada: INFANTIL A 3 (Álex González -2- e Álvaro) - CALASANZ 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 24ª xornada: BERGANTIÑOS B 0 - INFANTIL B 3 (Pablo Seco, Trigo e Zerfu)

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 6ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS A 0 - BENXAMÍN A 6 (Janusz -2-, Mosquera, Íker, Diego e Nico)