RCD / NOVAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

24/02/2019 22:00

Xornada reducida esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA, a consecuencia do parón en categoría xuvenil, cadete e infantil polos compromisos das seleccións galegas.

Así pois, só tiveron competición esta semana o Fabril, Deportivo ABANCA B, Infantil B, os dous equipos alevíns e os dous benxamíns.

De todos eles, só xogou en Abegondo o filial deportivista, que recibiu onte sábado 23 (0-1) ao CD Guijuelo.

Competiron lonxe da Cidade Deportiva o Deportivo ABANCA B (0-1 hoxe domingo en Mos) e Infantil B (1-6 onte sábado na Coruña ante o CD Ciudad Jardín). Alevíns e benxamíns disputaron os seus encontros na Torre, co balance de 3 vitorias e un empate.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
26ª xornada: FABRIL 0 - CD GUIJUELO 1

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 21ª xornada: UD MOS 0 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Sara Piñeiro)

Categoría infantil
Primeira Autonómica, grupo 1º, 26ª xornada: CD CIUDAD JARDÍN 1 - INFANTIL B 6 (Martín -2-, Carballo -2-, Murilo e Erick)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 3ª xornada: URAL CF 0 - ALEVÍN A 6 (Rubén -2-, Jorge, Daniel -2- e Bruno)

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 3ª xornada: ALEVÍN B 5 (Janusz, Diego, Nico Ruiz, Anxo e Balbas) - VICTORIA CF C 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 14ª xornada: URAL CF A 1 - BENXAMÍN A 1 (Paulo)

Segunda Fase grupo 1º A Coruña, 3ª xornada: BENXAMÍN B 3 (Nico, Javi e Iago Varela) - URAL CF C 0