RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Tres partidos en #ANOSACANTEIRA disputáronse hoxe domingo 10 de marzo, saldados cun triunfo (Deportivo ABANCA B en Lugo), un empate (Infantil B en Abegondo) e unha derrota (Fabril en San Sebastián de los Reyes).

En Segunda División B, o filial repetiu partido lonxe de Abegondo, após o da pasada semana en Madrid fronte ao AD Unión Adarve. Hoxe domingo competiu a bo nivel pero vén sen carga da difícil cancha da UD San Sebastián de los Reyes (2-0).

Xogaron onte sábado 9 de marzo na Cidade Deportiva o Xuvenil A (4-0), Xuvenil B (2-2) e o gran partido da fin de semana: na Fase polo Título da liga Galega enfrontáronse o Infantil A, líder, e o segundo clasificado, o Bertamiráns FC. Venceron os branquiazuis (4-1), que consolidan o seu dominio nesta segunda parte da temporada. Pola súa banda, o Cadete B tróuxose os 3 puntos de Lalín (1-3).

A xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA iniciouse o pasado mércores 6 de marzo en Abegondo, co partido entre o Alevín A e o Galicia de Caranza (11-0), correspondente á 4ª xornada do grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once.

O outro partido adiantado ao fin de semana nas categorías inferiores branquiazuis foi o pasado venres 8 de marzo, tamén na Cidade Deportiva. O Cadete A impúxose (1-0) ao Victoria CF A, en partido da 25ª xornada na División de Honra.

Finalmente, o encontro do Alevín B ante o CD Calasanz C, correspondente á 4ª xornada na Segunda Fase Comarcal, xogarase o venres 15 (20:00 horas, San Pedro de Visma), debido á participación esta fin de semana do conxunto deportivista na 20ª edición do Memorial Mateo David Bautista, na localidade malagueña de Nerja, no que foi brillante subcampión.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
28ª xornada: UD SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES 2 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 23ª xornada: SCD MILAGROSA 0 - DEPORTIVO ABANCA B 8 (Alba Suárez -4-, Lara, Carlota, Patri Díaz e Alba Pérez)

Categoría xuvenil
División de Honra, 26ª xornada: XUVENIL A 4 (César -2-, Armas e Israel) - ALONDRAS CF 0

Liga Nacional, 25ª xornada: XUVENIL B 2 (Víctor Guerra e Luque) - VICTORIA CF A 2

Categoría cadete
División de Honra, 25ª xornada: CADETE A 1 (Padín) - VICTORIA CF A 0

Liga Galega, grupo norte, 25ª xornada: EF LALÍN 1 - CADETE B 3 (Mauro e Trigo -2-)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 8ª xornada: INFANTIL A 4 (Marcote, Marco Baña -2- e Mella) - BERTAMIRÁNS FC 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 27ª xornada: INFANTIL B 2 (Meki -2-) - OZA JUVENIL SD 2

Categoría alevín
Torneo Luis Calvo, grupo norte, 4ª xornada: ALEVÍN A 11 (Bruno -2-, Jorge, Erick -2-, Murilo, Daniel, David, Marcos, Raúl e Rubén) - GALICIA DE CARANZA 0

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 4ª xornada: CD CALASANZ C - ALEVÍN B, o venres 15 de marzo ás 20:00 horas en San Pedro de Visma 1

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 15ª xornada: BENXAMÍN A 6 (Ioan -2-, Iago, Trigo, Pablo e Paulo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 1

Segunda Fase grupo 1º, 4ª xornada: GALICIA GAITEIRA 1 - BENXAMÍN B 7 (Rodrigo -3-, Lucas Vázquez, Iago José, Iago Lameiro e José Quiroga)