RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Hoxe domingo 17 de marzo xogáronse 3 partidos de #ANOSACANTEIRA en Abegondo.

O Fabril sumou 1 punto ante o Coruxo FC (1-1), a pesar de que o filial foi en moitas fases do partido superior ao seu rival.

Tamén na Cidade Deportiva, Cadete A e Deportivo ABANCA B saldaron en ambos os casos os seus encontros con triunfos: 5-1 e 2-1.

A goleada do Xuvenil B (12-2 ao CVC Valladares), quizais da temporada, onte sábado completou a fin de semana en Abegondo.

Os demais equipos de #ANOSACANTEIRA competiron lonxe da Cidade Deportiva. Onte sábado 16 xogaron: Cadete B (0-4 na Leyma ante o Ural CF B), Infantil A (2-7 en Ferrol fronte ao Racing) e Infantil B (4-3 en San Pedro de Visma ante o Orillamar SD); mentres que Xuvenil A (1-3 en Santander fronte ao Bansander) e Alevín A (1-7 en Lugo ante a SD Residencia A) fixérono hoxe domingo 17.  

O partido entre o CD Calasanz C e o Alevín B, o pasado venres 15 de marzo (0-4) en San Pedro de Visma, abriu a fin de semana. O encontro corresponde á xornada do sábado 9 de marzo, pero foi aprazado no seu día debido á participación do conxunto deportivista a pasada fin de semana no Memorial David Bautista en Nerja (Málaga), competición na que acabou como brillante subcampión.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
29ª xornada: FABRIL 1 (Abeledo) - CORUXO FC 1 

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 24ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 2 (María Calvo e Patri López) - VICTORIA FC B 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 27ª xornada: BANSANDER 1 - XUVENIL A 3 (Gonçalo Oliveira, Israel e un futbolista rival en propia meta)

Liga Nacional, 26ª xornada: XUVENIL B 12 (Juanma -2-, Pol, Fito, Mario -3- Litos, Luque -2- e Do Carmo -2-) - CVC VALLADARES 2

Categoría cadete
División de Honra, 26ª xornada: CADETE A 5 (Antón, Jairo, Padín e Abele -2-) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1

Liga Galega, grupo norte, 26ª xornada: URAL CF B 0 - CADETE B 4 (Trigo -2- e Hugo Suárez -2-)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 9ª xornada: RACING DE FERROL 2 - INFANTIL A 7 (Monteagudo, Carlos, Mella -4- e Domínguez)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 28ª xornada: ORILLAMAR SD 4 - INFANTIL B 3 (Marco Baña, Meki e Bruno)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 5ª xornada: SD RESIDENCIA A 1 - ALEVÍN A 7 (Álex, David, Jorge, Murilo, Cristian, Erick e Carlos)

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 4ª xornada: CD CALASANZ C 0 - ALEVÍN B 4 (Pablo, Rubén, Mosquera e Diego)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 16ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ A 1 - BENXAMÍN A 10 (Íker -4-, Yago Trigo -3-, Gael, Nico e Uxío)

Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 5ª xornada: BENXAMÍN B 1 (José Quiroga) - VICTORIA CF B 0