RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Esta fin de semana houbo 4 partidos de #ANOSACANTEIRA na Cidade Deportiva, 3 deles onte sábado.

O Fabril caeu co Pontevedra CF (0-1) e non logra saír da dinámica negativa.

Pola mañá competiron o Xuvenil B (3-0 ante o Rápido de Bouzas) e Infantil A (2-1 fronte ao ED Val Miñor Nigrán).

Hoxe domingo 31, o Infantil B non deu respiro (10-0) ao Órdenes SD.

Lonxe da Cidade Deportiva xogaron o resto de equipos, a máis diso os alevíns e benxamíns. Onte sábado, o Cadete B visitou ao CF Dumbría (1-2); e hoxe domingo 31, o Xuvenil A (3-0) ao Real Racing Club de Santander, e o Alevín A (3-3) ao CD Calasanz.

O partido da División de Honra entre o Cadete A e o San Tirso SD, o pasado xoves 28 de marzo, abriu a xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA. Os branquiazuis, trala derrota do pasado partido na Coruña fronte ao CD Calasanz, recuperaron o sorriso (4-2).

Finalmente, o Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina, ten dúas semanas de parón. Volverá á competición o domingo 14 de abril en Abegondo ante o Victoria CF B.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
31ª xornada: FABRIL 0 - PONTEVEDRA CF 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 29ª xornada: REAL RACING CLUB 3 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 28ª xornada: XUVENIL B 3 (Luque, Mario e Fito) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Categoría cadete
División de Honra, 28ª xornada: CADETE A 4 (Noel -2-, Abele e Hugo Suárez) - SAN TIRSO SD 2

Liga Galega, grupo norte, 28ª xornada: CF DUMBRÍA 1 - CADETE B 2 (Mauro e Trigo)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 11ª xornada: INFANTIL A 2 (Mella e Marco Baña) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 31ª xornada: INFANTIL B 10 (Martín -4-, Mardones -2-, Marco Baña, Daniel -2- e Óscar) - ÓRDENES SD 0

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 7ª xornada: CD CALASANZ 3 - ALEVÍN A 3 (Samuel, Jorge e Bruno)

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 6ª xornada: URAL CF C 2 - ALEVÍN B 7 (Janusz -2-, Balbas -2-, Guillermo, Nico Ruiz e Diego)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 18ª xornada: BENXAMÍN A 4 (Mauro -2-, Christian e Xoel) - VICTORIA CF A 1

Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 7ª xornada: CD CALASANZ C 0 - BENXAMÍN B 7 (José Quiroga -3-, Lucas Vázquez, Iago Lameiro, Hugo e Iago José)