RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A fin de semana houbo só dous partidos na Cidade Deportiva, o do Infantil A ante o Galicia Caranza onte sábado 5 correspondente ao grupo norte da Liga Galega (11-0); e o do Xuvenil A fronte ao CD Lugo, hoxe domingo 6 (1-1), na División de Honra.

Todos os demais equipos xogaron lonxe de Abegondo. Tres deles hoxe domingo 6: o Fabril en Carballo ante o Bergantiños CF (1-3), o Deportivo ABANCA B en Portonovo fronte ao Viajes InterRías FF (2-1), e o Cadete A en Fragoselo (Vigo) ante o Coruxo FC (0-4); e outro onte sábado 5, co empate (3-3) do Xuvenil B en Bouzas ante o Rápido.

Finalmente, dous equipos de #ANOSACANTEIRA adiantaron os seus partidos ligueiros da fin de semana ao venres 4 de outubro.

En Abegondo, o Cadete B superou (2-0) ao CD Conxo Santiago B, en partido correspondente á 5ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

E no Anexo de Vista Alegre en Ordes, o Infantil B, colíder do grupo 1º da Primeira Autonómica, impúxose ao SCD Órdenes (2-8) nun encontro marcado polo seu frenético arranque, con 4 goles en apenas 10 minutos.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
7ª xornada: BERGANTIÑOS CF 1 - FABRIL 3 (Aarón Sánchez -2- e Pedro)

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 4ª xornada: VIAJES INTERRÍAS FF 2 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Patri López)

Categoría xuvenil
División de Honra, 5ª xornada: XUVENIL A 1 (Peke) - CD LUGO 1

Liga Nacional, 5ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 3 - XUVENIL B 3 (Aye, Noel e Nájera)

Categoría cadete
División de Honra, 5ª xornada: CORUXO FC 0 - CADETE A 4 (Martín Ochoa -2-, Roque e Embid)

Liga Galega, grupo norte, 5ª xornada: CADETE B 2 (Nico e Hugo Matos) - CD CONXO SANTIAGO B 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 5ª xornada: INFANTIL A 11 (Jorge -6-, Samuel -2-, Carballo, Pita e Zoe) - GALICIA CARANZA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 5ª xornada: SDC ÓRDENES 2 - INFANTIL B 8 (Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noe)