RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Tres partidos de #ANOSACANTEIRA xogáronse hoxe domingo 13 de outubro e deles 2 en Abegondo: o Fabril (1-1) e o Deportivo ABANCA B (2-0).

Competiu como visitante o Xuvenil A, que callou o seu mellor partido da temporada en Santander ante o Real Racing Club (0-2).

Onte sábado, xogaron e gañaron o Infantil B en Abegondo (11-0 ao Bergantiños CF B); e o Cadete B na Coruña (1-2 ao Atlético Coruña Montañeros CF).

Finalmente, 3 partidos adiantáronse a unha fin de semana no que ademais arrincaron tamén con vitoria o Torneo A Coruña - As Mariñas os alevíns e benxamíns branquiazuis.

O primeiro deles xogouse o pasado xoves, correspondente á 6ª xornada no grupo norte da liga Galega, e finalizado con triunfo do Infantil A sobre o San Tirso SD (0-9). 

Os outros 2 foron o venres, ambos na Cidade Deportiva, co Xuvenil B e Cadete A ante o CD Lugo, correspondentes á liga Nacional xuvenil e División de Honra cadete respectivamente. Nos dous casos houbo triunfo branquiazul por idéntico marcador: 3-0.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
8ª xornada: FABRIL 1 (Mario Losada) - UD SOMOZAS 1

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1, 5ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 2 (Alba Suárez e Nuria Torres) - OVIEDO MODERNO CF B 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 6ª xornada: REAL RACING CLUB DE SANTANDER 0 - XUVENIL A 2 (Peke e Mario)

Liga Nacional, 6ª xornada: XUVENIL B 3 (Nájera, Urdiales e Padín) - CD LUGO B 0

Categoría cadete
División de Honra, 6ª xornada: CADETE A 3 (Canales -3-) - CD LUGO A 0

Liga Galega, grupo norte, 6ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - CADETE B 2 (Iván -2-)

Categoría infantil
Liga Galega, Grupo Norte, 6ª xornada: SAN TIRSO SD 0 - INFANTIL A 9 (Jorge García -3-, Guerrero -3-, Úbeda, Oreiro e Pablo Parada)

Primeira Autonómica, grupo 1, 6ª xornada: INFANTIL B 11 (Íker Gil -2-, Noe -2-, Óscar -2-, Carballo -2-, Adrián, Xenxo e Anxo) - BERGANTIÑOS CF B 0

Categoría alevín
Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo A, 1ª xornada: CD CALASANZ C 1 - ALEVÍN A 5 (Guillermo, Mosquera -2-, Rubén Trillo e Lucas)

Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo B, 1ª xornada: OZA JUVENIL SD C 1 - ALEVÍN B 10 (Trigo -3-, Uxío -2-, Ioan -2-, Íker, Paulo e Gael)

Categoría benxamín
Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo A, 1ª xornada: BENXAMÍN A 17 (
Iago Lameiro -4-, Pablo Somoza -2-, Raúl -2-, Rodrigo -2-, Martín Forján -2-, Javi -2-, Hugo, Iago Varela e Lucas) - URAL CF B 0

Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo B, 1ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR C 0 - BENXAMÍN B 16 (Thiago -5-, Mateo -4-, Hugo -2-, Íker -2-, Mario, Yael e Nico)