RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O derbi galego da División de Honra cadete entre o RC Celta e o Dépor, onte sábado 19 de outubro na Madroa, entre os dous principais aspirantes ao título da categoría, foi o partido máis destacado do calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Ambos os equipos chegaban ao encontro á fronte da clasificación empatados a 18 puntos, con pleno de vitorias nas 6 xornadas disputadas.

Venceu o Dépor (0-1) grazas a un solitario gol de Martín Ochoa no minuto 29.

Agora, os branquiazuis son líderes en solitario con 21 puntos de 21 posibles e sen encaixar nin un só gol nos 7 partidos disputados até a data.

En canto ao resto de categorías, o Fabril repetiu partido en Abegondo, esta vez co Rápido de Bouzas como rival.

Os tantos de Villares e Pedro valeron un xusto triunfo fabrilista (2-1), por fútbol e ocasións.

En Abegondo, a fin de semana xogáronse outros 3 partidos: o Xuvenil A ante o Sporting de Gijón (2-2); e o Cadete B e Infantil A fronte ao Racing de Ferrol, con 7-0 e 6-0 respectivamente.

Competiron nesta ocasión como visitantes o Deportivo ABANCA B (2-0 na Grela 1 ante o Victoria CF), Xuvenil B (1-3 en Vigo ante o CVC Valladares) e Infantil B (3-10 en Arteixo).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
9ª xornada: FABRIL 2 (Villares e Pedro) - RÁPIDO DE BOUZAS 1

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 6ª xornada: VICTORIA CF 2 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 7ª xornada: XUVENIL A 2 (Pol e Víctor) - SPORTING DE GIJÓN 2

Liga Nacional, 7ª xornada: CVC VALLADARES 1 - XUVENIL B 3 (Noel -2- e un futbolista rival en propia meta)

Categoría cadete
División de Honra, 7ª xornada: RC CELTA 0 - CADETE A 1 (Martín Ochoa)

Liga Galega, grupo norte, 7ª xornada: CADETE B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - RACING DE FERROL B 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 7ª xornada: INFANTIL A 6 (Jorge García -3-, Lucas, Diego Miranda e Javi Pita) - RACING DE FERROL 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 7ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 3 - INFANTIL B 10 (Íker Gil -2-, Adrián, Noé, Memet -3-, Óscar -2- e Jorge)

Categoría alevín
Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo A, 2ª xornada: URAL CF B 0 - ALEVÍN A 10 (Pablo -2-, Rubén -2-, Nico Ruiz -2-, Lucas -2-, Frank e Janusz)

Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo B, 2ª xornada: ALEVÍN B 3 (Gael -2- e Ioan) - URAL CF A 0

Categoría benxamín
Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo A, 2ª xornada: CD CALASANZ C 0 - BENXAMÍN A 15 (Martín Forján -3-, Rodrigo -3-, José Quiroga -3-, Pablo Somoza -2-, Raúl, Iago Lameiro, Javi e Iago Varela)

Torneo A Coruña - As Mariñas, grupo B, 2ª xornada: BENXAMÍN B 1 (Thiago) - CD CALASANZ A 2