RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Dous partidos de #ANOSACANTEIRA xogáronse hoxe domingo.

En Terceira División, o Fabril perdeu (0-1) co Racing Villalbés, que levou os 3 puntos grazas a un gol de Jose Varela aos 17 minutos de partido.

O filial deportivista, que non tivo un bo día, estreou horario (15:45), despois do encontro do Deportivo ABANCA ante o Sevilla FC da Primeira Iberdrola, que comezou ás 11:45.

O outro encontro de hoxe foi a visita do Cadete A, líder destacado da División de Honra, que tombou (1-3) ao CD Conxo Santiago, en choque celebrado no campo santiagués da Mercé.

Xogaron onte sábado 30 na Cidade Deportiva: Deportivo ABANCA B (4-0), Xuvenil A (0-1), Infantil A (2-0) e Infantil B (9-0); e lonxe de Abegondo o Xuvenil B en Redondela (1-2).

Así mesmo, iniciaron con vitorias a liga Comarcal e Primeira C os alevíns e benxamíns branquiazuis. Foi na 2ª xornada, posto que a 1ª, prevista o pasado sábado, foi aprazada polo temporal de vento e choiva que azoutou ese día A Coruña e a súa comarca.

A xornada arrincou o pasado venres co Cadete B, líder do grupo norte da liga Galega, e o seu empate en Abegondo ante o Galicia Caranza (2-2).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
15ª xornada: FABRIL 0 - RACING VILLALBÉS 1

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Patri López, Carlota e Navia -2-) - SPORTING DE GIJÓN B 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 13ª xornada: XUVENIL A 0 - CD CONXO SANTIAGO 1

Liga Nacional, 13ª xornada: CD CHOCO 1 - XUVENIL B 2 (Do Carmo e Hugo Baldomar)

Categoría cadete
División de Honra, 13ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 1 - CADETE A 3 (Mella -2- e un futbolista rival en propia meta)

Liga Galega, grupo norte, 13ª xornada: CADETE B 2 (Domínguez e Iván) - GALICIA CARANZA 2

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 13ª xornada: INFANTIL A 2 (Dani Estévez e Jorge García) - CD CONXO SANTIAGO 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 13ª xornada: INFANTIL B 9 (Beade -3-, Carballo -2-, Xenxo, Memet -2- e un futbolista rival en propia meta) - CD CALASANZ B 0

Categoría alevín
Liga Comarcal, 2ª xornada: ALEVÍN A 5 (Diego -2-, Anxo -2- e Janusz) - SAN TIRSO SD A 0

Primeira C, 2ª xornada: ALEVÍN B 4 (Paulo -2-, Alberto e Joaquín) - URAL CF C 2

Categoría benxamín
Liga Comarcal, 2ª xornada: OLÍMPICO CF A 0 - BENXAMÍN A 6 (Pablo Somoza -2-, Hugo -2-, Pablo Vara e Martín Forján)

Primeira C, 2ª xornada: BENXAMÍN B 8 (Íker -3-, Hugo -2-, Mario -2- e Sergio) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B 0