RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A Semana Santa provocou que unicamente 3 equipos de #ANOSACANTEIRA tivesen partido oficial durante estes días: Deportivo ABANCA B, Fabril e Xuvenil A.

Para esta fin de semana quedaron dous partidos, ambos lonxe de Abegondo: onte sábado 31, o Xuvenil A superou (0-2) ao CD Roces en Xixón.

E hoxe domingo 1 de abril, o Fabril perdeu coa Gimnástica Segoviana (1-0) e escapóuselle a oportunidade de recuperar o liderado, debido aos tropezones tamén de Rayo Majadahonda e Fuenlabrada.

O primeiro dos partidos xogouse o pasado martes 27 de marzo. Foi o partido entre o Viajes InterRías FF e o Deportivo ABANCA B pertencente á 18ª xornada na Primeira Autonómica Feminina, que foi suspendido o pasado 28 de xaneiro ao descanso debido á confusión coas camisetas de ambos os equipos.

Completouse no campo da Lanzada a segunda metade con 0-1 no marcador, tanto logrado por Carlota. E finalizou cun 1-3 que asenta ao Deportivo ABANCA B na segunda praza da liga.

Os demais equipos da canteira tiveron descanso, aínda que case todos con torneos amigables.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
32ª xornada: GIMNÁSTICA SEGOVIANA 1 - FABRIL 0

Categoría feminina
18ª xornada: VIAJES INTERRÍAS 1 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Carlota -2- e Ari)

Categoría xuvenil
29ª xornada: CD ROCES 0 - XUVENIL A 2 (Ortuño e un futbolista rival en propia meta)