RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #anosacanteira

O inicio da segunda fase para o Xuvenil B e das competicións de fútbol oito para alevíns e benxamíns branquiazuis foron o máis destacado da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, nunha xornada que se abriu o pasado venres 16 en Abegondo con dous partidos e dous triunfos: o Cadete A ante o Ural Español CF (3-1) de División de Honra; e o Alevín de fútbol once fronte ao Imperátor OAR A, sendo este último o equipo local (0-14), na Primeira Autonómica A Coruña.

O Xuvenil B arrincou o Grupo de Ascenso como campión do subgrupo A de a Primeira Fase da liga Nacional. O formato de competición é de liga a unha volta na que os dous primeiros ascenderán á División de Honra.

Os rivais do conxunto que preparan Alejandro Antón e Aldo Duscher serán o cinco primeiros clasificados do subgrupo B: Arosa SC, RC Celta B, Coruxo FC, CD Areosa, Alondras CF e ED Val Miñor B. O primeiro partido foi onte sábado 17 de abril fronte ao ED Val Miñor B, saldado con vitoria deportivista (3-0), con dobrete goleador de Hugo Baldomar.

Tamén iniciaron a competición de fútbol oito os alevíns e benxamíns do club. O formato de competición neste caso é de liga a dobre volta.

En canto ás demais categorías, o Fabril igualou (1-1) co Rápido de Bouzas en Abegondo. O partido estivo condicionado pola expulsión do meta fabrilista Brais no minuto 38. Os vigueses empataron o encontro nesa acción e a partir de aí o marcador xa non se movería.

Tamén competiron en Abegondo ademais do citado Xuvenil B, o Infantil A onte sábado (3-1 ante o Victoria CF); e o Xuvenil A hoxe domingo (6-0 ao Bansander). E lonxe da Cidade Deportiva, o Deportivo ABANCA B visitou ao CDE Racing Féminas (5-2 hoxe domingo en Santander); o Cadete B ao SCD Milagrosa (0-7 hoxe domingo en Lugo); e o Infantil B ao CD Calasanz B (1-4 onte sábado na Leyma).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
Grupo play off de ascenso, 3ª xornada: FABRIL 1 (Javi Sánchez) - RÁPIDO DE BOUZAS 1

Categoría feminina
Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C, 2ª xornada: CDE RACING FÉMINAS 5 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Eva Santamaría e Navia)

Categoría xuvenil
División de Honra, segunda fase, grupo 1C, 2ª xornada: XUVENIL A 6 (Nájera -3-, Quique Teijo, Mella e Noel) - BANSANDER 0

Liga Nacional, segunda fase, grupo C de ascenso, 1ª xornada: XUVENIL B 3 (Diego Gómez e Hugo Baldomar -2-) - ED VAL MIÑOR B 0

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo D, 5ª xornada: CADETE A 3 (Carreira, Álex Delgado e Ogando) - URAL ESPAÑOL CF 1

Liga Galega, subgrupo A norte, 5ª xornada: SCD MILAGROSA 0 - CADETE B 7 (Antonio Souto, Noe, Héctor, Memet, Samuel, Álex Delgado e un futbolista rival en propia meta)

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 5ª xornada: INFANTIL A 3 (Dani, Miguel e Rubén) - VICTORIA CF 1

Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, 2ª xornada: CD CALASANZ B 1 - INFANTIL B 4 (Paulo -3- e Yago Trigo)

Categoría alevín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A, 2ª xornada: IMPERÁTOR OAR A 0 - ALEVÍN 14 (Paulo -5-, Alberto -3-, Joaquín -3-, Ander, Íker e Sergio)

Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, 1ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN A 0 - ALEVÍN A 11 (Sergio -3-, Gael -2-, Íker -3-, Uxío, Alberto e Mauro)

Primeira Autonómica A Coruña, grupo B, 1ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 11 (Martín Forján -4-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro -2-, Pablo Vara, Raúl e Gabi) - IMPERÁTOR OAR C 0

Categoría benxamín
Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, 2ª xornada: BENXAMÍN A 13 (Mateo -4-, Yael -4-, Hugo -3- e Nico -2-) - CD CALASANZ C 0

Primeira Autonómica A Coruña, grupo C, 2ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN A 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 11 (Jorge -3-, Dani -3-, Javi -2-, Álvaro -2- e Martín)