RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Nova semana de competición esta fin de semana para #ANOSACANTEIRA, con todos os partidos repartidos esta vez entre onte sábado e hoxe domingo.

O Fabril xogou o seu último encontro da temporada en Vigo ante o Rápido de Bouzas, con resultado intranscendente de cara á clasificación.

Foron baixas forzosas no filial Adri Castro, Alberto, Iván Guerrero, ademais dos xuvenís Yeremay e Jairo. Todos eles foron citados por Rubén de la Barrera para o partido do primeiro equipo ante o CD Numancia.

O filial pechou a temporada cun sorriso grazas ao triunfo pola mínima (0-1), con gol de Guedes anotado no minuto uno de partido.

Tamén volveu á competición o Deportivo ABANCA B, que caeu co Oviedo Moderno CF B (3-0) onte sábado 8 de maio.

Ten parón ligueiro o Xuvenil A (División de Honra) e ademais esta fin de semana tamén tocou descanso na súa xornada para o Cadete B no subgrupo A norte da liga Galega e o Infantil B na Primeira Autonómica A Coruña, grupo A.

Cadete A e Infantil A competiron na Coruña, no campo Víctor Fernández Alonso (antigo campo da Leyma), ante Victoria CF (1-2 hoxe domingo) e Ural Español CF (1-1 hoxe sábado) respectivamente.

Finalmente, o partido do Xuvenil B en Vigo ante o Coruxo FC, previsto para onte sábado 8 de maio e correspondente á 4ª xornada da liga Nacional, grupo C de ascenso, foi aprazado debido a un caso de COVID-19 no vestiario deportivista. Agora, será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data "o máis próxima posible no tempo, que se determinará axiña que como se acrediten as circunstancias que permitan a disputa do mesmo". Por este mesmo motivo foi tamén aprazado o encontro da 3ª xornada en Abegondo entre o Xuvenil B e o CD Areosa do pasado 1 de maio.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
Grupo play off de ascenso, 6ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 0 - FABRIL 1 (Guedes)

Categoría feminina
Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C, 4ª xornada: OVIEDO MODERNO CF B 3 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Categoría xuvenil
Liga Nacional, segunda fase, grupo C de ascenso, 4ª xornada: CORUXO FC - XUVENIL B, aprazado

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo D, 8ª xornada: VICTORIA CF 1 - CADETE A 2 (Pedro e Ogando)

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 8ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - INFANTIL A 1 (Daniel)

Categoría alevín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A, 5ª xornada: OZA JUVENIL SD B 0 - ALEVÍN 8 (Alberto -2-, Iago Vázquez, Trigo, Joaquín, Paulo, Gael e Mauro)

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 3ª xornada: URAL ESPAÑOL CF A 0 - ALEVÍN A 0

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B, 3ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 4 (Iago Lameiro, Javi, Guille e Gabi) - ORILLAMAR SD A 0

Categoría benxamín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 5ª xornada: BENXAMÍN A 3 (Yael -2- e Hugo) - URAL ESPAÑOL CF A 2

Primeira Autonómica de fútbol oito, grupo C, 5ª xornada: VICTORIA CF B 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 12 (Álvaro -3-, Martín -3-, Iván -2-, Javi, Jorge, Dani e David Ramos)