RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

As competicións oficiais regresaron para os diferentes equipos de #ANOSACANTEIRA, após o parón da Semana Santa.

De todos os partidos programados, sobresaíu o triunfo do Xuvenil A (5-0) en Abegondo ante o Val Miñor Nigrán na última xornada de liga. No entanto, o triunfo do Sporting de Gijón en Pontevedra (1-3) deixa campión ao equipo xixonés e subcampión ao deportivista, que xogará por conseguinte a Copa do Rei.

Onte sábado, o Fabril superou (2-1) na Cidade Deportiva ao Unión Adarve. O filial deportivista suma 59 puntos e colócase segundo no grupo 1º de Segunda División B após o Rayo Majadahonda, que suma 61 puntos ao derrotar esta mañá ao Rápido de Bouzas.

Quizais o máis importante para o Fabril é que o quinto, precisamente o Rápido de Bouzas, ten 53 puntos, a 6 de distancia dos pupilos de Gustavo Munúa.

Xogaron na Coruña onte sábado ante o Victoria o Xuvenil B (2-1) e Cadete A (0-2), e hoxe domingo o Infantil B (3-6), neste caso ante o Sporting Coruñés.

Pola súa banda, o Infantil A participou na XIX edición do Trofeo Dani Güeñes, que se xogou na localidade de Güeñes (Biscaia).

O FC Porto e o Athletic Club foron os rivais do conxunto branquiazul na Primeira Fase.

Por este motivo, o seu partido pertencente á 11ª xornada da liga Galega, Fase polo Título, ante o Ourense, pasa a disputarse o 14 de abril ás 11:30 en Abegondo.

Esta fin de semana tocou descanso para o Deportivo ABANCA B na Primeira Autonómica Feminina; e para o Alevín B no grupo 1º da Segunda Fase, neste caso porque o seu rival, a Santa María del Mar, retirouse da competición.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
33ª xornada: FABRIL 2 (Uxío e Edu Expósito) - UNIÓN ADARVE 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 30ª xornada, última: XUVENIL A 5 (Boedo -2- e Pedro -3-) - VAL MIÑOR NIGRÁN 0

Liga Nacional, 28ª xornada: VICTORIA 2 - XUVENIL B 1 (Rojo)

Categoría cadete
División de Honra, 28ª xornada: VICTORIA 0 - CADETE A 2 (Mario e Portas)

Liga Galega, grupo 1º, 28ª xornada: CADETE B 4 (Rares -2-, Hugo e Nils) - BERGANTIÑOS B 1

Categoría infantil

Trofeo Dani Güeñes en Güeñes (Biscaia)
Primeira Fase
Sábado 7 de abril
ATHLETIC CLUB 2 - INFANTIL A 0
FC PORTO 2 - INFANTIL A 0

O equipo deportivista caeu eliminado nesta fase.

Primeira Autonómica, grupo 1º, 31ª xornada: SPORTING CORUÑÉS 3 - INFANTIL B 6 (Miguel, Barral, Dani, Mardones -2- e Trigo)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, 8ª xornada: SCDyR NARÓN O FREIXO - ALEVÍN A, o martes 10 de abril ás 18:45 no campo de Río Seco (Narón)

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 13ª xornada: BENXAMÍN A 5 (Rilo -2-, Diego, Leandro e Íker) - VICTORIA A 2

Segunda Comarcal A Coruña, 21ª xornada: BENXAMÍN B 9 (Ioan -4-, Pablo -2-, Paulo, Uxío e Trigo) - TORRE C 2