RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA competiron esta fin de semana na Cidade Deportiva, ambos os casos hoxe domingo 26 de setembro. O Fabril dobregou ao Viveiro CF (2-0) en Terceira RFEF; e o Xuvenil B non deu respiro ao ED Val Miñor Nigrán B (8-0) na segunda cita da liga Nacional.

Lonxe de Abegondo, o Xuvenil A dobregou onte nos minutos finais (1-2) ao Real Avilés CF e debutará este mércores na UEFA Youth League como líder da División de Honra.

Non houbo partido oficial para o resto de equipos aínda que todos afrontaron diversos compromisos amigables.

O Deportivo ABANCA B caeu na quenda de penaltis (5-3) co Victoria CF na Grela, con motivo do Memorial Moncho Rivera. Ao termo do tempo regulamentario, o encontro finalizou con empate a dous tantos.

Completaron a xornada o Cadete (0-1 no Municipal de Bertamiráns); os dous equipos alevíns (cuadrangular en Abegondo co Atlético Coruña Montañeros CF e Ural Español CF); e os dous benxamíns (Torneo do CD Arcade no campo de O Salgueirón, en Soutomaior), co A como subcampión.

O Infantil do Dépor pechou a súa pretemporada cunha esixente dobre cita amigable ante rivais cadetes, é dicir, dunha categoría superior. O pasado mércores abriu o calendario de partidos de #ANOSACANTEIRA nas Eiroas (Carballo) ante o Bergantiños CF. Iker Casuso decidiu para os branquiazuis (0-1). Onte sábado, o conxunto que dirixe Miguel Figueira impúxose con claridade (0-7) á SD O Val no campo de Sinde de Narón.

Finalmente, o amigable do Orzán SD Xuvenil Feminino ante o UD Carral foi suspendido a petición do conxunto carralés.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira RFEF
3ª xornada: FABRIL 2 (Runy e Yeremay) - VIVEIRO CF 0

Categoría feminina
XXIII Memorial Moncho Rivera: VICTORIA CF 2 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Aroa Guerra e Paula Monteagudo). A penaltis: 5-3

Amigable: UD CARRAL - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, aprazado

Categoría xuvenil
División de Honra, grupo 1º, 4ª xornada: REAL AVILÉS CF 1 - XUVENIL A 2 (Pablo Trigo -2-)

Liga Nacional, 2ª xornada: XUVENIL B 8 (Kevin, Ogando -2-, Lombao, David López -3- e Carreira) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN B 0

Categoría cadete
Amigable: BERTAMIRÁNS FC 0 - CADETE 1 (Jorge)

Categoría infantil
Amigable (xogado o pasado mércores): BERGANTIÑOS CF (CADETE) 0 - INFANTIL 1 (Iker Casuso)

Amigable: SD O VAL (CADETE) 0 - INFANTIL 7 (Íker Casuso -5- e Janusz -2-)

Categoría alevín
Cuadrangular en Abegondo (campo de herba sintética)
Sábado 25 de setembro
ALEVÍN A 4 (Gabriel, Pablo Somoza, Javi e Antón) - FABRIL FC ALEVÍN 0
ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0 - ALEVÍN A 2 (Pablo Somoza e Gabriel)
URAL ESPAÑOL CF 1 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Leo)
ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Íker e Yael)
URAL ESPAÑOL CF 0 - ALEVÍN A 2 (Martín Forján -2-)

Categoría benxamín
Torneo do CD Arcade, no campo de O Salgueirón (Soutomaior)
Sábado 25 de setembro
Primeira Fase
BENXAMÍN A 5 (Hugo Pousa -2-, Nacho, Jorge e Martín) - RÁPIDO DE BOUZAS 1
CLUB PEÑASCO 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Hugo Bujía -2-)
BERTAMIRÁNS FC 0 - BENXAMÍN A 5 (Nacho -3-, Hugo Luaces e Jorge)
COLEGIO HOGAR 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Miguel e Carlos)
BENXAMÍN A 2 (Jorge e Martín) - CASA PACO 0
CD LUGO 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Hugo Bujía)
Oitavos de final
BENXAMÍN A 8 (Nacho -2-, Iván -2-, David -3- e Álvaro) - CD ARCADE 1
FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Álvaro -2-, Miguel -2- e Carlos) - SD ORILLAMAR 1
Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Alvaro, Nacho e Hugo Pousa) - RÁPIDO DE BOUZAS 1
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - RC CELTA 5
Semifinais
BENXAMÍN A 7 (Jorge -2-, Iván -2-, Nacho, Hugo Luaces e Álvaro) - BERTAMIRÁNS FC 1
Final
BENXAMÍN A 2 (Nacho e Martín) - RC CELTA 4