RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA abriuno o pasado venres o Infantil, que dobregou ao San Tirso SD (8-0) na terceira xornada do subgrupo B norte da Liga Galega.

Antes, o martes 12 de outubro, día festivo, o Fabril visitou ao Ourense CF en xornada ligueira intersemanal. Houbo empate sen goles (0-0) nun partido igualado cun tempo para cada equipo.

Onte sábado tiveron cita en Abegondo o Xuvenil A, que venceu (2-1) ao Pontevedra CF antes do partido do mércores 20 da UEFA Youth League en ABANCA-RIAZOR fronte ao MKS Pogoń Szczecin.

O Real Club Deportivo quere converter este encontro ante os polacos nunha gran festa para toda a mocidade da cidade e para o fútbol formativo coruñés, coincidindo cunha noite histórica para a canteira do Club e todos os que formaron parte da mesma ao longo da súa historia. Por iso, a través da Fundación RC Deportivo, todos os colexios e institucións sociais da cidade están convidados a acudir a ABANCA-RIAZOR.

Co obxectivo de impulsar os valores do fútbol, a Fundación RC Deportivo convidou a todas as institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Tamén xogou na Cidade Deportiva o equipo Cadete ante o Racing de Ferrol, ao que deixou sen opción algunha de arrancar algo positivo (8-0).

Fóra de casa competiron unicamente o Deportivo ABANCA B, 0-1 nun campo no que o UD Mos non perdía desde hai dúas temporadas; e o Xuvenil B, 1-3 onte en Ferrol, nun choque que os branquiazuis decantaron ao seu favor no último tramo de partido.

Esta fin de semana tocou descanso para o Fabril, do mesmo xeito que para o Orzán SD Xuvenil Feminino na súa segunda xornada na Primeira División Galega. Aproveitando esta circunstancia, o equipo orzanista disputou un encontro de preparación no Burgo, saldado con vitoria (1-9).

Finalmente, continuaron con partidos exitosos amigables os alevíns e benxamíns; ademais do Orzán SD Cadete Feminino.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Primeira Nacional, 6ª xornada: UD MOS 0 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Tati)

Amigable: SPORTING BURGO 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 9 (Abril -3-, Valeria -3-, Macarena González, Lucía Rivas e Sara Cercido)

Amigable: UD CARRAL 2 - ORZÁN SD CADETE FEMININO 6 (Ana Capelo -4-, Mica Baratelli e Daniela)

Categoría xuvenil
División de Honra, 7ª xornada: XUVENIL A 2 (Pablo Trigo e Mella) - PONTEVEDRA CF 1

Liga Nacional, 5ª xornada: RACING DE FERROL 1 - XUVENIL B 3 (Álex Delgado, David Domínguez e Carreira)

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo A, 3ª xornada: CADETE 8 (Taibo, Guerrero -2-, Jorge García -2-, Diego Miranda e Jaime -2-) - RACING DE FERROL 0

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 3ª xornada: INFANTIL 8 (Rubén, Marcos -2-, Balbas -2-, Abel, Iker Casuso e Janusz) - SAN TIRSO SD 0

Categoría alevín
Amigable: SAN TIRSO SD 0 - ALEVÍN A 9 (Martín Forján -3-, Antón -2-, Iago Lameiro, Javi Seoane, Gabriel e Pablo Somoza)

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 7 (Alejandro Pais, Javi Barral, Thiago Montes, Hugo Caridad, Íker Obeso, Sergio e Leo) - URAL ESPAÑOL CF 0

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN A 6 (Nacho -3-, Álvaro, Jorge e Martín) - URAL ESPAÑOL CF 2

Amigable: SAN TIRSO SD 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Mateo, Miguel, Álvaro Rodríguez, Bruno e Thiago López)