RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

#ONOSODERBI de filiais de onte sábado 21 de abril entre o Fabril e o Celta B centrou a atención na canteira deportivista esta fin de semana.

O partido, de alta tensión e até con catro expulsados no filial deportivista (dous técnicos e dous futbolistas) saldouse con triunfo vigués.

Retornaron á competición após o parón da semana pasada o Xuvenil B e Cadete A, ambos en Abegondo ante o Porriño (4-1) e Pontevedra (4-0) respectivamente.

Tamén xogaron hoxe domingo en Vigo o Deportivo ABANCA B (2-4 fronte ao Sárdoma B) e na Coruña o Infantil A (0-4 ante o Calasanz). E fixérono onte o Cadete B (derrota 1-0 ante o Atlético Coruña Montañeros) e o Infantil B (vitoria 0-1 fronte ao Ural B).

Finalmente, esta fin de semana o Alevín B competiu na localidade alemá de Osnabrück no Reno Cup 2018. Acabou nunha digna 13ª posición nun total de 48 equipos.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
35ª xornada: FABRIL 1 (Luís Fernández) - CELTA B 3

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 27ª xornada: SÁRDOMA B 2 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Lida, Sara Piñeiro e Michelle -2-)

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 29ª xornada: XUVENIL B 4 (César -2-, Litos e Rojo) - PORRIÑO INDUSTRIAL 1

Categoría cadete
División de Honra, 29ª xornada: CADETE A 4 (Mario, Pol e Juanma -2-) - PONTEVEDRA 0

Liga Galega, grupo 1º, 29ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 1 - CADETE B 0

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 12ª xornada: CALASANZ 0 - INFANTIL A 4 (Iván Vázquez, Hugo Baldomar -2- e Álex González)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 33ª xornada: URAL B 0 - INFANTIL B 1 (Diego)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, 10ª xornada: VICTORIA A 1 - ALEVÍN A 7 (Héctor -3-, Guerrero -3- e Samu)

Reno Cup 2018 en Osnabrück (Alemaña)

Sábado 21 de abril

Primeira Fase
ALEVÍN B 0 - FC ST. PAULI 1
'BURG GRETESCH 1' 1 - ALEVÍN B 5 (David -3-, Vergara e Rubén)
ALEVÍN B 5 (Marcos, David -3- e Xenxo) - VfB EINHEIT ZU PANKOW 0

Segunda Fase
ALEVÍN B 4 (David -2- Raúl e Eli) - ARMINIA BIELEFELD 1
ALEVÍN B 1 (Eli) - FÜCHSE BERLIN 2

Domingo 22 de abril

VfL OSNABRÜCK 0 - ALEVÍN B 2 (Eli e Álex)

ALEVÍN B 1 (Rubén) - VfB STUTTGART 2

ALEVÍN B 0 - FSV MAINZ '05' 1

ALEVÍN B 0 - SV DARMSTADT '98' 0. A penaltis: 3-2

Categoría benxamín

Segunda Fase da Primeira Comarcal, 15ª xornada: BENXAMÍN A 5 (Xabi -2-, Iago, Balbás e Janusz) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS A 1

Segunda Comarcal A Coruña, 23ª xornada: BENXAMÍN B - OZA JUVENIL B, o martes 24 de abril ás 19:00 en Abegondo