RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Mentres o Xuvenil A conta os días para o partido de volta ante o Maccabi Haifa da segunda eliminatoria da Ruta de Campións Nacionais da UEFA Youth League, antes, os pupilos de Manuel Pablo afrontaron hoxe domingo na Madroa o primeiro derbi da temporada na División de Honra, co liderado da categoría en xogo.

Os celestes chegaban como líderes con 31 puntos por 29 os deportivistas, aos que se lles escaparon dous puntos na súa visita ao Sporting de Gijón fai dúas xornadas.

A pesar de que Nacho adiantou ao Xuvenil A a pouco de empezar, os tres puntos quedaron en Vigo grazas a un gol celeste no minuto 89 (2-1).

En Tercera RFEF, o Fabril recuperou a Dani Barcia, concentrado coa selección española sub-19 en Luxemburgo durante a pasada semana; e a Iano Simão, convocado polo seu país, Guinea Bisáu, para disputar dous partidos clasificatorios para o Mundial de Qatar 2022. Ambos foron baixa no partido do filial o pasado domingo ante o Alondras CF e foron titulares en Abegondo ante o UD Somozas, líder da categoría.

O protagonista foi Yeremay, cuxos dous goles, os dous primeiros do seu equipo, encarrilaron o partido para o Fabril: 3-0.

En canto ao resto de equipos, onte sábado xogaron en Abegondo o Xuvenil B (4-1 ao Coruxo FC) e amigables os dous equipos alevíns e os dous benxamíns.

Fóra de casa competiron o Orzán SD Cadete Feminino (2-2 en Mos), Cadete (0-2 en Caranza) e Infantil (0-7 en San Pedro de Visma 1 fronte ao Oza Juvenil SD A).

Hoxe domingo, ademais do Fabril e do Xuvenil A, o Dépor ABANCA B gañou no minuto 93 ao Gijón FF (1-2 no campo La Cruz de Xixón); o Orzán SD Xuvenil Feminino empatou na Torre co PM Friol B (3-3) e o Orzán SD Infantil Feminino venceu ao SCD Milagrosa (0-9 en Lugo).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Tercera RFEF
12ª xornada: FABRIL 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD SOMOZAS 0

Categoría feminina
Primeira Nacional, 10ª xornada: GIJÓN FF 1 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Noela e Trillo)

Primeira División Galega, subgrupo A, 7ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 3 (Ana Capelo -2- e Noe Gómez) - PM FRIOL B 3

Liga Galega, 5ª xornada: UD MOS 2 - ORZÁN SD CADETE FEMININO 2 (Paula Sánchez e Ana Capelo)

Liga Galega, subgrupo 1º, 5ª xornada: SCD MILAGROSA 0 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 9 (Noa Cardeñoso -2-, Sofía Rodríguez -2-, Alba Monteserín, Sila Santiso, Carmen Traba, Alexia Freire e unha futbolista rival en propia meta)

Categoría xuvenil
División de Honra, 12ª xornada: RC CELTA 2 - XUVENIL A 1 (Nacho)

Liga Nacional, 10ª xornada: XUVENIL B 4 (Rubén, Álvaro Mardones, Ogando e Kevin) - CORUXO FC 1

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo A, 8ª xornada: GALICIA CARANZA 0 - CADETE 2 (Guerrero e Jorge García)

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 7ª xornada: OZA JUVENIL SD A 0 - INFANTIL 7 (Diego -2-, Rubén, Balbas, Iker Casuso e Hugo -2-)

Categoría alevín
Amigable: ALEVÍN A 6 (Antón -2-, Iago Lameiro, Gabriel, Raúl e José Quiroga) - URAL ESPAÑOL CF 1

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN 5 2 (Iker -2-, Mario -2- e Nico) - CD CALASANZ A 6

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN A 1 (Hugo Pousa) - URAL ESPAÑOL CF 2

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Miguel -3-) - CD CALASANZ A 5