RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, co Xuvenil A campión da División de Honra

O calendario de #ANOSACANTEIRA desta fin de semana veu marcado polo partido da División de Honra entre o Xuvenil A e o Real Racing Club en Abegondo.

Ao Xuvenil A, con dous puntos de vantaxe sobre o RC Celta, valíalle un empate ante o Real Racing Club para ser matematicamente campión do grupo 1º e selar o seu pase para a Copa de Campións.

Óscar Gilsanz, técnico deportivista, puido contar cos 'reforzos' de Brais, Guille Bueno e Yeremay, que boa parte da temporada estiveron no Fabril ás ordes de Juan Carlos Valerón.

Cunha nutrida representación de #ANOSAFORZA nas bancadas da Cidade Deportiva, o Xuvenil A non fallou (2-0) e culminou unha temporada perfecta a pesar dos contratempos motivados pola pandemia de COVID-19.

Unha categoría por detrás, os partidos do Xuvenil B ante o Coruxo FC (en Vigo o pasado mércores) e fronte ao RC Celta B (hoxe domingo ás 12:00 en Abegondo) correspondentes á 4ª e 5ª xornada da segunda fase da liga Nacional, grupo 1C de ascenso, foron aprazados por un caso de COVID-19 no vestiario deportivista. Agora, será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data "o máis próxima posible no tempo, que se determinará axiña que como se acrediten as circunstancias que permitan a disputa dos mesmos".

A fin de semana en #ANOSACANTEIRA abriuno o pasado venres o Infantil A que, na liga Galega, impúxose (8-1) en Abegondo ao CD Calasanz.

O outro partido na Cidade Deportiva foi o do Cadete A de División de Honra, onte sábado tamén ante o CD Calasanz A (4-2).

Esta fin de semana tiveron descanso competitivo o Deportivo ABANCA B (Primeira Nacional), Cadete B (Liga Galega) e Alevín (Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría xuvenil
División de Honra, segunda fase, grupo 1C, 4ª xornada: XUVENIL A 2 (Noel e Yeremay) - REAL RACING CLUB 0

Liga Nacional, grupo 1C de ascenso, 4ª xornada (previsto para o pasado mércores): CORUXO FC - XUVENIL B, aprazado
Liga Nacional, grupo 1C de ascenso, 5ª xornada: XUVENIL B - RC CELTA B, aprazado

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo D, 9ª xornada: CADETE A 4 (Gabri, Kevin, Martín Montero e Álex Delgado) - CD CALASANZ 2

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 9ª xornada: INFANTIL A 8 (Daniel -2-, Brian -2-, Sergio e Rubén -3-) - CD CALASANZ 1

Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, 8ª xornada: URAL ESPAÑOL CF B 1 - INFANTIL B 4 (Rodrigo, Íker Gil, Lucas e Paulo)

Categoría alevín

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 5ª xornada: IMPERÁTOR OAR B 0 - ALEVÍN A 13 (Alberto -2-, Joel -2-, Íker -2-, Sergio, Trigo, Mauro, Nico, Xoel, Samuel e Iago Vázquez)

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B, 5ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 4 (Raúl -2-, Guille e Martín Forján) - IMPERÁTOR OAR A 0

Categoría benxamín
Amigable (xogado o pasado xoves): BENXAMÍN A 2 (Javi Barral e David Ramos) - URAL ESPAÑOL CF B (alevín) 3

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A, 8ª xornada: BENXAMÍN A 12 (Íker -3-, Nico -2-, Yael -2-, Mateo, Leo -2- e Thiago -2-) - VICTORIA CF C 0

Amigable (xogado o pasado xoves): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Mario e Nacho) - URAL ESPAÑOL CF A 3

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C, 8ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Martín -2-, David Gómez -2-, Iván e Javi) - ORILLAMAR SD A 0