RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con novo pleno de vitorias

O choque do Fabril ante o CD As Pontes e o do Xuvenil A fronte ao ED Val Miñor Nigrán, ambos hoxe domingo 17 en Abegondo e finalizados con idéntico marcador (2-1), foron dous dos encontros máis destacados na xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

O Fabril colle velocidade de cruceiro aínda que hoxe sufriu para sacar adiante o seu partido ante un rival da zona baixa da táboa.

Para hoxe domingo quedou ademais a visita do Deportivo ABANCA B ao Umia CF (0-2) e o partido do Cadete B ante o Imperátor OAR (5-0) na Cidade Deportiva.

A xornada da fin de semana abriuna o pasado venres 15 de novembro o partido entre o Infantil B e o Sporting Cambre, correspondente á 11ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica. Os deportivistas venceron (3-0) e manteñen unha semana máis o liderado do grupo en solitario.

Onte sábado 16 xogaron o resto de equipos, ademais dos alevíns e benxamíns na Torre: Xuvenil B en Ourense (0-3); Cadete A en A Coruña (2-4); e Infantil A en Abegondo (5-0).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
13ª xornada: FABRIL 2 (Pedro e Gandoy) - CD AS PONTES 1

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 10ª xornada: UMIA CF 0 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Patri López e Alba Suárez)

Categoría xuvenil
División de Honra, 11ª xornada: XUVENIL A 2 (Sarmiento e Juan Rodríguez) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1

Liga Nacional, 11ª xornada: UD OURENSE 0 - XUVENIL B 3 (Nájera, Jairo e Nils)

Categoría cadete
División de Honra, 11ª xornada: VICTORIA CF 2 - CADETE A 4 (Diego Gómez, Canales, Martín Ochoa e Roque)

Liga Galega, grupo norte, 11ª xornada: CADETE B 5 (Matos -2-, Marco Baña -2- e Fer) - IMPERÁTOR OAR 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 11ª xornada: INFANTIL A 5 (Samuel, Lucas, Zoe e Juan Barros -2-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 11ª xornada: INFANTIL B 3 (Memet, Óscar e Carballo) - SPORTING CAMBRE 0

Categoría alevín
Promoción á liga Comarcal, cuartos de final: ALEVÍN A 8 (Rubén Trillo -4-, Lucas -2-, Janusz e Guillermo) - ORILLAMAR SD A 0

Eliminatoria de clasificación, oitavos de final, volta: CD CALASANZ F 0 - ALEVÍN B 13 (Ioan -2-, Uxío -3-, Paulo -2-, Mauro -2-, Sergio, Nico, Yago Trigo e Gael). Na ida: 1-9

Categoría benxamín
Promoción á liga Comarcal, cuartos de final: BENXAMÍN A 12 (Pablo Somoza -3-, Iago Lameiro -2-, Rodrigo -2-, Martín Forján, Raúl, José Quiroga, Hugo e Lucas Vázquez) - OZA JUVENIL SD 0

Eliminatoria de clasificación, oitavos de final, volta: CD CALASANZ E 0 - BENXAMÍN B 9 (Mario, Leo, Íker -2-, Nico Torres, Thiago -3- e Yael). Na ida: 1-12