RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
DÉPOR ABANCA B

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con só unha derrota e dez vitorias

O Fabril repetiu partido en Abegondo hoxe domingo 21 de outubro. O filial deportivista buscaba os 3 puntos en xogo para saír dos postos baixos da clasificación ante un rival da zona alta, o San Sebastián de los Reyes.

O Fabril volveu caer derrotado (0-1) ante un rival con máis oficio e quizais menos nerviosismo.

Tamén competiron hoxe domingo o Deportivo ABANCA B (0-8 en Tordoia) e o Cadete B (0-3 no campo da Leyma).

Onte sábado houbo 7 partidos con representación deportivista, todos eles saldados con vitorias branquiazuis. Un só foi na Cidade Deportiva, o Xuvenil B (2-0) fronte ao CD Choco.

Os restantes 6 foron lonxe de Abegondo: o Xuvenil A (2-3 en Xixón fronte ao CD Covadonga), o Infantil A (0-12 na Grela 1 ante o Victoria CF), o Infantil B (0-3 en San Pedro de Visma 1 ante o CD Calasanz B); ademais dos encontros, e das vitorias, do Alevín B (0-13), Benxamín A (7-0) e Benxamín B (9-0) na Torre.

Para o martes 23 de outubro en Abegondo (19:15) queda o partido correspondente á 2ª xornada na Primeira Comarcal A Coruña entre o Alevín A e a SD San Tirso A.

O partido do Cadete A, líder da División de Honra, ante o Racing de Ferrol o pasado xoves 18 de outubro en Abegondo (5-0), abriu a xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA, na primeira fin de semana da temporada con todos os equipos en competición oficial.  

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
9ª xornada: FABRIL 0 - SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES 1

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 7ª xornada: SD TORDOIA 0 - DEPORTIVO ABANCA B 8 (Alba Suárez -3-, Lucía -2-, Patri López, Michelle Clemente e Lara)

Categoría xuvenil
División de Honra, 8ª xornada: CD COVADONGA 2 - XUVENIL A 3 (Prendes, Armas e Valín)

Liga Nacional, 7ª xornada: XUVENIL B 2 (Juanma e Peke) - CD CHOCO 0

Categoría cadete
División de Honra, 7ª xornada: CADETE A 5 (Nils -3- e Padín -2-) - RACING DE FERROL 0

Liga Galega, grupo norte, 7ª xornada: VICTORIA CF B 0 - CADETE B 3 (Trigo, Iván e Suárez)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 7ª xornada: VICTORIA CF 0 - INFANTIL A 12 (Mella -3-, Martiño -5-, Marco Baña -2- e Martín -2-)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 8ª xornada: CD CALASANZ B 0 - INFANTIL B 3 (Murilo -2- e Álex)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 2ª xornada: ALEVÍN A - SD SAN TIRSO A, o martes 23 de outubro ás 19:15 en Abegondo (campo de herba artificial)

Segunda Comarcal A Coruña, 1ª xornada: OZA JUVENIL SD B 0 - ALEVÍN B 13 (Diego -4-, Balbas -2-, Pablo -2-, Yago -2-, Janusz, Xabi e Rubén)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 1ª xornada: BENXAMÍN A 7 (Íker -4-, Mauro, Iago Vázquez e Gael) - OZA JUVENIL SD A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 1ª xornada: BENXAMÍN B 9 (Lucas Vázquez -3-, Pablo -2-, Javi, Rodri, Iago e Lema) - CD CALASANZ C 0