RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con título para o Dépor ABANCA B

Na fin de semana en #ANOSACANTEIRA destacou o partido do Deportivo ABANCA B, que se xogaba o título da Primeira Autonómica en Vigo fronte ao Sárdoma CF B, na última xornada de liga.

As deportivistas, que avantaxaban en 1 punto ao Viajes InterRías FF, necesitaban gañar para non depender do seu rival. E gañaron (1-7) para culminar unha gran campaña.

Así pois, a canteira do Dépor suma dez títulos esta temporada tralos colleitados anteriormente polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte, Fase polo Título e Final a 4), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña e Segunda Fase da Segunda Comarcal), Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

Tamén hoxe competiron lonxe de Abegondo o Xuvenil B, coa 3ª praza en xogo da Liga Nacional; e o Cadete A, subcampión xa da División de Honra. Ambos os choques foron no Municipal santiagués de Santa Isabel (3-0 e 0-0) fronte ao CD Conxo Santiago.

Onte sábado 11 de maio, o Fabril despediuse ante o CDA Navalcarnero esta temporada da Cidade Deportiva. Fíxoo cun sorriso (3-0) nun partido intranscendente a nivel clasificatorio.

Doutra banda, dous equipos adiantaron ao pasado xoves 9 de maio os seus partidos ligueiros.

O Cadete B freou (4-2) na Cidade Deportiva ao ED Xuventude de Oroso, subcampión de liga a falta de 1 xornada. O conxunto deportivista tamén ten amarrada desde hai varias semanas a medalla de bronce no grupo norte da Liga Galega.

E a escasos quilómetros, no campo do Monte de San Tirso, o Alevín A impúxose ao San Tirso SD (7-1) na penúltima xornada do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Finalmente, o partido do Benxamín B correspondente á 13ª xornada na Segunda Fase grupo 1º A Coruña xogarase o mércores 15 de maio en Santa María del Mar debido á participación do equipo branquiazul esta fin de semana na Kempen Cup de Alemaña.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
37ª xornada: FABRIL 3 (Uxío, Víctor e Montiel) - CDA NAVALCARNERO 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 30ª xornada, última: SÁRDOMA CF B 1 - DEPORTIVO ABANCA B 7 (Antía -2-, Patri López -2-, Ainhoa, Alba Martínez e Bermúdez)

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 33ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 3 - XUVENIL B 0

Categoría cadete
División de Honra, 33ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - CADETE A 0

Liga Galega, grupo norte, 33ª xornada: CADETE B 4 (Hugo Suárez e Pablo Trigo -3-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 2

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 12ª xornada: ALEVÍN A 7 (Daniel -2-, Murilo -2-, Jairo, Samuel e Álex) - SAN TIRSO SD A 1

Categoría benxamín
Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 13ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR A - BENXAMÍN B, o mércores 15 de maio ás 18:15 en Santa María del Mar