RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da última fin de semana ligueira de 2017 en #ANOSACANTEIRA

O partido estrela foi o do Fabril, que se impuxo (2-0) ao CD Toledo en Abegondo. O encontro serviu para pór un gran broche ao ano 2017, infestado de triunfos para o filial deportivista.

Tamén xogou hoxe en Abegondo o Xuvenil A (3-0 ao Oviedo), e fóra o Cadete A (1-1 en Bouzas), Infantil B (derrota por 2-1 co Victoria B) e Alevín B (triunfo por 2-1 ao La Paz A).

Cadete B e Infantil A xogaron e gañaron o pasado venres na Cidade Deportiva, 3-1 e 5-0 respectivamente.

Con este triunfo, e a falta dunha xornada, o Infantil A proclamouse campión do grupo norte da liga Galega.

Así, #ANOSACANTEIRA suma até a data catro títulos, após os logrados anteriormente polo Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (grupo 1º de Segunda) e Benxamín A (grupo 2º de Primeira Comarcal A Coruña).

Non ten partido xa o Deportivo ABANCA B, de vacacións até o 2018, e o Benxamín A, coa súa competición ligueira finalizada a pasada fin de semana.

Pola súa banda, o Alevín A participou na oitava edición do Media Gol Cup 2017, que se xogou en Cornellá (Barcelona). Finalizou en décimo quinta praza, nunha boa experiencia para os pequenos xogadores branquiazuis.

Por este motivo, o encontro de ida de oitavos de final da Segunda Fase Comarcal, en Ordes, xogarase o mércores 20 de decembro ás 19:00 horas.

Após esta xornada ligueira, todos os canteiráns terán parón competitivo debido ás festas do Nadal.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B

19ª xornada: FABRIL 2 (Ismael Díaz e Óscar) - CD TOLEDO 0

Categoría xuvenil

División de Honra, grupo 1º, 17ª xornada: XUVENIL A 3 (Pedro -2- e Sito) - OVIEDO 0

Liga Nacional, 16ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 2 - XUVENIL B 2 (Kilian -2-)

Categoría cadete

División de Honra, 16ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 1 - CADETE A 1 (Iván)

Liga Galega, grupo 1º, 16ª xornada: CADETE B 3 (Bocija, Hugo e Buján) - BERTAMIRÁNS B 1

Categoría infantil

Liga Galega, grupo 1º, 16ª xornada: INFANTIL A 5 (Hugo García, Eloy, Alex González, Hugo Baldomar e Roque) - BERTAMIRÁNS 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 18ª xornada: VICTORIA B 2 - INFANTIL B 1 (Trigo)

Categoría alevín

Media Gol Cup 2017 en Cornellá (Barcelona)
Primeira Fase
Venres 15 de decembro
ESPANYOL 3 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 2 (Pablo -2-) - SANT ANDREU 3

Sábado 16 de decembro
ALEVÍN A 5 (Pablo -2-, Héctor -2- e Dani) - IGUALADA 2
ALEVÍN A 0- PARIS SAINT-GERMAIN 2
ALEVÍN A 2 (Pablo e Dani) - GIRONA FC 1

Fase de Consolación

NASTIC MANRESA 1 - ALEVÍN A 0

Domingo 17 de decembro

ALEVÍN A 1 (Iván) - L'HOSPITALET 1. Por penaltis: 4-3

Segunda Fase da Primeira Comarcal A Coruña, oitavos de final, ida: ÓRDENES A - ALEVÍN A, o mércores 20 de decembro ás 19:00 no Anexo Vista Alegre (Ordes)

Segunda, grupo 1º, 9ª e última xornada: ALEVÍN B 2 (Bruno -2-) - LA PAZ A 1

Categoría benxamín

Segunda Comarcal A Coruña, 10ª xornada: OLÍMPICO B 0 - BENXAMÍN B 13 (Paulo -4-, Uxío -3-, Nico -3-, Yago Trigo -2- e Iago Vázquez)