RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da última xornada do 2018 en #ANOSACANTEIRA

Última xornada de liga en 2018 para #ANOSACANTEIRA, que arrincou o pasado venres 21 co dobre duelo do Xuvenil B e Cadete A no campo dos Remedios (Ourense) ante o Pabellón CF (0-1 e 1-3 respectivamente).

Hoxe domingo só houbo un partido, que se saldou con triunfo (9-0) do Deportivo ABANCA B en Abegondo ante o Sárdoma CF B. As deportivistas, por méritos propios, son xa as candidatas principais ao título ligueiro na Primeira Autonómica.

A fin de semana deixou un novo campión ligueiro, o Alevín A. O equipo de Roberto Veres, a falta dunha xornada, adxudicouse o título na Primeira Comarcal A Coruña ao imporse ao CD Calasanz A (2-4).

É o segundo campión de #ANOSACANTEIRA após o Infantil A, dominador do grupo norte da liga Galega.

Onte sábado, o Fabril caeu en Navalcarnero (2-0) e di adeus ao ano 2018 na zona de perigo da clasficación.

En canto ao resto de equipos, os únicos que competiron en Abegondo, ademais do citado Deportivo ABANCA B, foron onte sábado o Cadete B (0-1) e Infantil A (5-0), os dous ante o Racing de Ferrol.

Xogaron lonxe da Cidade Deportiva onte sábado 22 o Xuvenil A (2-1 no derbi co Ural CF na Grela) e Infantil B (0-7 fronte ao SCD San Cristóbal na Leyma).

Xa están de vacacións en canto a competición oficial refírese o Alevín B e Benxamín A. O Benxamín B disputou onte sábado 22 na Torre o partido pertencente á xornada 5ª na Segunda Comarcal A Coruña que foi aprazada o pasado 24 de novembro polo temporal de choiva que azoutou ese día á Coruña. A vitoria caeu ao lado deportivista: 8-1.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División 
18ª xornada: CDA NAVALCARNERO 2 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 15ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 9 (Alba Suárez -3-, Patri López, Carlota, Lucía, Michelle Clemente, Ainhoa e unha futbolista rival en propia meta) - SÁRDOMA CF B 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 18ª xornada: URAL CF 2 - XUVENIL A 1 (Guedes)

Liga Nacional, 17ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 0 - XUVENIL B 1 (Luque)

Categoría cadete
División de Honra, 17ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 1 - CADETE A 3 (Mauro, Hugo Suárez e Padín)

Liga Galega, grupo norte, 17ª xornada: CADETE B 0 - RACING DE FERROL B 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 22ª xornada e última: INFANTIL A 5 (Mella -2-, Domínguez, Mardones e Martiño) - RACING DE FERROL 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 19ª xornada: SCD SAN CRISTÓBAL 0 - INFANTIL B 7 (Óscar -3-, Bruno, Álvaro, Jairo e Hodei)

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, 10ª xornada: CD CALASANZ A 2 - ALEVÍN A 4 (Murilo -2-, Rubén e Eli)

Categoría benxamín
Segunda Comarcal A Coruña, 5ª xornada: BENXAMÍN B 8 (Yago lameiro -2-, Pablo -2-, José -2-, Rodrigo e Raúl) - XESUITINAS B 1