RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados da xornada en #ANOSACANTEIRA

O triunfo (3-1) do Cadete B, líder do grupo norte da liga Galega, ante o CD Calasanz B, onte venres 17 de xaneiro en Abegondo, abriu unha xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA cuxo resto de partidos xogouse na súa totalidade hoxe sábado 18 de xaneiro.

En Terceira División disputouse na Cidade Deportiva un duelo ao grande: o Fabril impúxose (1-0) ao CD Choco grazas a un gol nos minutos finais. Ambos os equipos chegaban igualados a 31 puntos na 5ª praza, a só 3 puntos da 4ª posición. Iso si, os fabrilistas, que deron con este marcador un paso adiante, contan con 1 partido menos, o aprazado o pasado 21 de decembro en Abegondo ante o UD Paiosaco H. Añón debido á alerta meteorolóxica por temporal.

Ademais do filial, tamén xogaron en Abegondo o Deportivo ABANCA B (3-0) e Xuvenil A (1-2); e lonxe da Cidade Deportiva o Xuvenil B (0-2 en Cangas ante o Alondras CF), Cadete A (1-9 en Bertamiráns) e Infantil B (0-1 en San Pedro de Visma fronte ao Imperátor OAR).

O Infantil A, campión do grupo norte da liga Galega, arrincou con triunfo a Fase polo Título en Nigrán (0-5) ante o ED Val Miñor Nigrán.

Ademais do conxunto deportivista, acceden a esta fase definitiva os 7 seguintes clasificados do grupo norte: Bertamiráns FC, ED Xuventude de Oroso, CD Conxo Santiago, CD Calasanz, Ural CF, CD Lugo e Victoria FC de Santiago.

E os 8 primeiros equipos do grupo sur: RC Celta, CD Areosa, ED Val Miñor Nigrán, Pabellón Ourense CF, EF Portero 2000, Pontevedra CF, UD Santa Mariña e Arosa SC.

O formato de competición será o de liga a unha soa volta. Non se tomarán en conta as puntuacións da primeira fase e, por conseguinte, todos os equipos arrincaron esta Fase polo Título Galego con 0 puntos.

Finalmente, en alevíns e benxamíns, sobresaíu o encontro entre o Alevín B e o Victoria CF C, cos dous equipos colíderes da Primeira C con 15 puntos. O choque foi para os branquiazuis (4-0), que dan así un golpe á liga.

Os resultados da xornada foron os seguintes:

Terceira División
20ª xornada: FABRIL 1 (o porteiro rival en propia meta) - CD CHOCO 0

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 15ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Patri Díaz -2- e unha futbolista rival en propia meta) - SÁRDOMA CF 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 18ª xornada: XUVENIL A 1 (Barba) - TSK ROCES CD 2 

Liga Nacional, 18ª xornada: ALONDRAS CF 0 - XUVENIL B 2 (Nájera e Do Carmo)

Categoría cadete
División de Honra, 18ª xornada: BERTAMIRÁNS FC 1 - CADETE A 9 (Hugo Baldomar, Quique Teijo, Mella, Rubén -2-, Martín Ochoa, Pablo Trigo -2- e Mato)

Liga Galega, grupo norte, 18ª xornada: CADETE B 3 (Lombao, Nico e Domínguez) - CD CALASANZ B 1

Categoría infantil
Fase polo Título da liga Galega, 1ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0 - INFANTIL A 5 (Mesfín -2-, Jorge García, Lucas e Samuel)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 19ª xornada: IMPERÁTOR OAR 0 - INFANTIL B 1 (Memet)

Categoría alevín
Liga Comarcal, 7ª xornada: ALEVÍN A 4 (Nico Ruiz, Pablo, Lucas e Marcos) - URAL CF A 0

Primeira C, 6ª xornada: ALEVÍN B 4 (Uxío, Alberto, Íker e Gael) - VICTORIA CF C 0

Categoría benxamín
Liga Comarcal, 7ª xornada: SCD ORDES A 0 - BENXAMÍN A 11 (José Quiroga, Iago Lameiro -4-, Pablo Somoza -2-, Rodrigo, Lucas Vázquez, Iago Varela e Pablo Vara)

Primeira C, 6ª xornada: CD CALASANZ B 0 - BENXAMÍN B 9 (Yael -3-, Hugo -3-, Nico, Thiago e Leo)