RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da xornada entre semana para 7 equipos de #ANOSACANTEIRA

Un total de 7 equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron partido oficial entre semana, aproveitando a festividade de hoxe xoves 6 de decembro.

Esta xornada arrincou onte mércores co partido do Cadete A ante o Bergantiños CF en Abegondo (6-0); e o partidazo na Leyma entre o Alevín A e e Ural CF A (4-3), os dous primeiros clasificados da Primeira Comarcal A Coruña, neste caso adiantado ao fin de semana debido aos torneos amigables que xoga o equipo deportivista en Laracha (hoxe xoves) e Marín (sábado e domingo).

O triunfo do Alevín A (4-3) achégalle ao título desta competición a unha só volta á que lle restan 2 xornadas.

Os demais choques foron hoxe xoves 6. O único que xogou en Abegondo foi o Xuvenil B, co Racing Villalbés como rival (4-0).

Competiron lonxe da Cidade Deportiva o Xuvenil A (0-2 en Pontevedra), Cadete B (0-0 en Vilalba); Infantil A (1-5 en San Pedro de Visma 1); e o Infantil B (0-6 en La Torre).

Os resultados foron os seguintes:

Categoría xuvenil

División de Honra, 15ª xornada: PONTEVEDRA CF 0 - XUVENIL A 2 (Armas -2-)

Liga Nacional, 14ª xornada: XUVENIL B 4 (Juanma, Peke, Mario e Do Carmo) - RACING VILLALBÉS 0

Categoría cadete

División de Honra, 14ª xornada: CADETE A 6 (Braojos, Novoa, Hugo Suárez, Padín -2- e Nils) - BERGANTIÑOS CF 0

Liga Galega, grupo norte, 14ª xornada: RACING VILLALBÉS 0 - CADETE B 0

Categoría infantil

Liga Galega, grupo norte, 14ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - INFANTIL A 5 (Mella -2-, Martín -2- e Domínguez)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 16ª xornada: COMPAÑÍA DE MARÍA 0 - INFANTIL B 6 (Mardones -3-, Eli -2- e un futbolista rival en propia meta)

Categoría alevín

Primeira Comarcal A Coruña, 9ª xornada: ALEVÍN A 4 (Murilo -2-, Eli e Dani) - URAL CF A 3