RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA 14 e 15 de xaneiro

Primeira fin de semana do ano 2017 con todos os equipos da canteira deportivista en competición oficial.

En Terceira División, o Fabril empatou en Carballo (2-2) ante o Bergantiños un partido que puido perder (caía 2-0 ao descanso) pero que puido gañar (Borja Galán enviou ao pau un penalti que puido supoñer o 2-3).

En canto ao resto de categorías, sobresaíu o cuádruplo enfrontamento co Lugo: en xuvenís (Xuvenil B), cadetes (División de Honra e Liga Galega) e infantís (Liga Galega). O balance foi de tres vitorias (Cadete A, Cadete B e Infantil A) e un empate (Xuvenil B).

En categoría alevín, o Alevín A eliminou ao Obrero e clasificouse para a Fase Final Norte do Campionato Galego, que se xogará nunha sede por designar no mes de maio.

Doutra banda, o Alevín B iniciou cunha igualada ante o Ural a Segunda Fase, unha competición en formato de liga a dobre volta.

Tamén volveu á competición tras o parón do Nadal o Benxamín B, cun empate (4-4) en Carballo, nun choque disputado cunha fría temperatura dada tamén a hora de comezo: 10:00.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
BERGANTIÑOS 2 - FABRIL 2 (Manu Molina e Borja Domingo)

Categoría feminina
Primeira Autonómica feminina: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Ainhoa, Raña e Vero) - CP ALERTANAVIA 1

Categoría xuvenil
División de Honra: REAL RACING CLUB 2- XUVENIL A 3 (Joel, Mosquera e Pedro)
Liga Nacional: XUVENIL B 1 (Rojo) - LUGO B 1

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 2 (Pichu -2-) - LUGO 1
Liga Galega, grupo 1º: LUGO B 0 - CADETE B 4 (Docarmo, Pol -2- e Martínez)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: LUGO 1 - INFANTIL A 8 (Jorge -2-, Axel -2-, Álvaro, Noel, Novoa e Iago)
Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 4 (Hugo Baldomar -4-) - ATLÉTICO LOS CASTROS 1

Categoría alevín
Segunda Fase das Primeiras Comarcais, volta: ALEVÍN A 6 (Mella -2-, Diego -2-, Domínguez e Yago) - OBRERO A 0. Na ida: 5-2
Segunda Fase alevín, A Coruña, primeira xornada: ALEVÍN B 3 (Pablo, Óscar e Iván) - URAL C 3

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 8 (Eli -3-, Bruno -2-, Álex -2- e Pablo Fernández) - SPORTING CAMBRE A 0
Segunda Comarcal A Coruña: LUÍS CALVO SANZ C 4 - BENXAMÍN B 4 (Íker, Xabi, Marco e Anxo)