RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA 17, 18 e 19 de marzo

O partido da liga Galega de onte sábado en Abegondo entre o Cadete B, segundo clasificado, e o Calasanz, líder, é o partido máis destacado do fin de semana en #ANOSACANTEIRA. Os deportivistas non fallaron, gañaron (4-1) e aférranse á loita polo campionato.

En Terceira División, o Fabril venceu en Negreira (0-1) e demostrou que non está disposto a apearse do liderado.

Tamén xogaron hoxe domingo o Cadete A (triunfo por 1-3 en Pontevedra) e o Infantil B (derrota por 1-0 no campo coruñés da Leyma).

En Arteixo, o encontro da Primeira División feminina entre o Deportivo Abanca B e o San Miguel foi suspendido por incomparecencia do conxunto pontevedrés. Agora, o Comité de Competición decidirá se se xoga noutra data ou se pola contra dálle o triunfo ao Deportivo Abanca B.

No resto de categorías, onte sábado venceron en Abegondo o Xuvenil A (1-0) e Alevín A (10-0).

A xornada arrincou o pasado venres, co triunfo (5-0) do Infantil A sobre o Galicia de Caranza en partido do grupo 1º da liga Galega. Os deportivistas achéganse así ao título ligueiro.

O partido do Benxamín A en Paiosaco, a petición do club local, trasládase ao martes 21 de marzo ás 19:00 horas.

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Terceira División

NEGREIRA 0 - FABRIL 2 (Óscar e Álex Corredera)

Categoría feminina

Primeira Autonómica: DEPORTIVO ABANCA B - SAN MIGUEL, suspendido

Categoría xuvenil

División de Honra: XUVENIL A 1 (Adrián) - AVILÉS 0

Liga Nacional: CALASANCIO 0 - XUVENIL B 2 (Vermello -2-)

Categoría cadete

División de Honra: BORA 1 - CADETE A 3 (Litos -2- e Mosquera)

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 4 (Docarmo -2-, Mario e Concheiro) - CALASANZ 1

Categoría infantil

Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 5 (Noel -3- e Novoa -2-) - GALICIA CARANZA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º: OZA XUVENIL 1 - INFANTIL B 0

Categoría alevín

Trofeo Luís Calvo de fútbol once, grupo 1º: ALEVÍN A 10 (Yago -3-, Diego -2-, Noah, Javi, Domínguez, Sierra e Meki) - EF RACING DE FERROL 0

Segunda Fase, grupo 1º: ALEVÍN B 9 (Pablo -3-, Óscar -2-, Samuel -2-, Luís e Carballo) - XESUITINAS 0

Categoría benxamín

Primeira Comarcal A Coruña: PAIOSACO H. AÑÓN - BENXAMÍN A, o martes 21 de marzo ás 19:00 na Porta Santa (Paiosaco)

Segunda Comarcal A Coruña: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEIROS C 3 - BENXAMÍN B 4 (Diego, Pablo, Anxo e Íker)