RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA 21 e 22 de xaneiro

A maior parte de equipos de #ANOSACANTEIRA competiu este fin de semana onte sábado 21. Todos os partidos acabaron con triunfo branquiazul.

Quedaron para hoxe domingo 22 unicamente tres partidos, os tres fóra de casa: o derbi coruñés da Terceira División na Grela 1 entre o Silva e o Fabril (2-5); o choque do Infantil B en Santa María del Mar (0-7); e a visita do Deportivo Abanca B ao CCAR Valladares (3-1), na Primeira Autonómica Feminina, na única derrota na canteira deportivista.

Onte sábado sobresaíu o choque de División de Honra entre o Xuvenil A, terceiro clasificado con 38 puntos; fronte ao CD Lugo, quinto cun punto menos que os deportivistas. O triunfo foi para os deportivistas (3-1), que se consolidan no grupo de cabeza.

Este fin de semana descansou o Alevín A, cuxa próxima competición é o Torneo Luís Calvo de fútbol once, cunha primeira fase baixo o formato de liga.

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Terceira División

SILVA 2 - FABRIL 5 (Manu Molina, Óscar, Borja Domingo -2- e Borja Galán)

Categoría feminina

Primeira División Autonómica: CCAR VALLADARES 3 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Marta)

Categoría xuvenil

División de Honra: XUVENIL A 3 (Pedro, Gandoy e Adrián) - LUGO 1

Liga Nacional, grupo 1º: BARBADÁS 0 - XUVENIL B 2 (Rojo e Rivera)

Categoría cadete

División de Honra: BERTAMIRÁNS 0 - CADETE A 2 (Raúl e Vega)

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 7 (Docarmo -3-, Pol, Concheiro, Fito e Iván) - CONXO 0

Categoría infantil

Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 12 (Padín, Iago, Jorge -3-, Axel -2-, Nils -2-, Novoa -2- e Antón) - CONXO 0

Primeira Autonómica, grupo 1º: SANTA MARÍA DEL MAR 0 - INFANTIL B 7 (Quique -3-, Adrián Lombao -2- e Alex -2-)

Categoría alevín

Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN A 5 (Domínguez -2-, Noah, Mella -2-) - IMPERÁTOR B (infantil) 3

Segunda Fase alevín, grupo 1º, segunda xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C 0 - ALEVÍN B 14 (David -4-, Pablo -4-, Adrián -3-, Samu, Óscar e Hugo)

Categoría benxamín

Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 5 (Eli -2-, Sergio -2- e Pablo García) - SPORTING BURGO A 0

Segunda Comarcal A Coruña: BENXAMÍN B 9 (Guille, Marco, Xabi, Yago -3-, Diego -2- e Eder) - OLÍMPICO B 0