RCD / NOVAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA 22 e 23 de abril

23/04/2017 16:14

Fin de semana reducido para #ANOSACANTEIRA, con varios equipos sen partidos oficiais. Si tivo competición o Fabril, que empatou ante o Alondras (0-0), nun partido cunha parte para cada equipo, e que con este resultado asegura a súa presenza na fase de ascenso a Segunda B.

Tamén xogaron liga, e gañaron, o Deportivo Abanca B (0-10), Infantil B (1-2), Alevín A (7-0) e Alevín B (5-0).

Precisamente o Alevín A proclamouse campión do grupo norte do Trofeo Luís Calvo de fútbol once. É o quinto título para a canteira deportivista esta temporada, tras os logrados anteriormente polo Infantil B (Primeira División Autonómica), o Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

Descansaron este fin de semana o Xuvenil A, á espera de arrincar a Copa do Rei ante Osasuna; Xuvenil B; Cadete A; Cadete B, que participou nun torneo en Nantes (Francia); Infantil A; e Benxamín A, que tivo torneo en Stuttgart (Alemaña).

O Benxamín B disputou, con triunfo ante a Victoria C (0-9), a segunda xornada do Trofeo AFAC, que arrincou o pasado 8 de abril. Esta Primeira Fase será baixo o formato de liga a unha soa volta. Os dous primeiros equipos clasifícanse para a seguinte fase.

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
ALONDRAS 0 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: XUVENTÚ AGUIÑO 0 - DEPORTIVO ABANCA B 10 (Raña -5-, Nati -3-, Alba e Ana)

Categoría infantil
Primeira Autonómica, grupo 1º: URAL B 1 - INFANTIL B 2 (Roque e Hugo Baldomar)

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once, grupo 1º: ALEVÍN A 7 (Domínguez -3-, Mella, Estévez -2- e Diego) - CALASANZ A 0

Segunda Fase, grupo 1º: ALEVÍN B 5 (Pablo Seco -3-, Óscar e Adrián Guerrero) - OBRADOIRO 0

Categoria benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, xogado o pasado luns: ATLÉTICO ARTEIXO A 1 - BENXAMÍN A 7 (Bruno -2-, Montes, Álex, David, Jairo e Eli)

Trofeo AFAC, segunda xornada: VICTORIA C 0 - BENJAMÍN B 9 (Diego -3-, Anxo -2-, Xabi, Nico e Eder -2-)