RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA 24, 25 e 26 de marzo

O partido do Trofeo Luís Calvo de fútbol once entre o Ural A e o Alevín A foi un dos partidos máis destacados en #ANOSACANTEIRA este fin de semana. O encontro acabou con triunfo deportivista (1-3), que xa é líder en solitario do grupo norte en prexuízo do conxunto uralista, agora 3 puntos por baixo.

O sábado, o Benxamín B proclamouse, a falta dunha xornada, matematicamente campión da Segunda Comarcal A Coruña. É o terceiro título esta temporada para a canteira deportivista, tras os logrados polo Alevín A (campéon da Primeira Comarcal A Coruña) e do Alevín B (campión da Segunda Comarcal A Coruña).

En Terceira División, o Fabril impúxose en Abegondo ao Barbadás (1-0) e é máis líder da categoría, coa picada do Rápido de Bouzas, segundo clasificado.

Xogaron tamén na cidade deportiva, o Xuvenil B (2-0 ao Conxo) e o Cadete A (3-0 ao Areosa).

Pola súa banda, Infantil A, Benxamín A e Benxamín B liquidaron os seus compromisos ligueiros con amplas goleadas.

A xornada arrincou co partido da Primeira División Autonómica entre o Infantil B e o Calasanz B. Gañou o conxunto deportivista (4-2), tras remontar un temperán gol visitante ao minuto de xogo.

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
FABRIL 1 (Edu) - BARBADÁS 0

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: O VAL 0 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Vero, Natalia e Ainhoa)

Categoría xuvenil
División de Honra: AREOSA 0 - XUVENIL A 3 (Gandoy, Pedro e Porrúa)

Liga Nacional: XUVENIL B 2 (Antón e Kilian) - CONXO 0

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 3 (Litos -2- e Raúl) - AREOSA 0

Liga Galega, grupo 1º: EF LALÍN 1 - CADETE B 2 (Portas e Docarmo)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: EF LALÍN 0 - INFANTIL A 15 (Axel -3-, Novoa -3-, Noel -4-, Nils -2-, Álvaro, Mauro e Padín)

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 4 (Hugo Baldomar -2-, Iván e Monteagudo) - CALASANZ B 2

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once: URAL A 1 - ALEVÍN A 3 (Estevez, Meki e Domínguez)

Segunda Fase alevín, grupo 1º: URAL C 3 - ALEVÍN B 4 (Pablo, Zoe, Guerrero e Hugo)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 12 (Pablo Fernández -4-, Álex -3-, Eli -2-, Bruno, David e Erick) - RAYO SADENSE A 0

Segunda Comarcal A Coruña: BENXAMÍN B 12 (Íker -2-, Eder -3-, Raúl, Yago, Diego, Anxo -2- e Nico -2-) - ONCE CABALLEROS B 0