RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 1, 2 e 3 de decembro

Os equipos coruñeses do Ural e o Victoria mediron as súas forzas contra cinco equipos de #ANOSACANTEIRA. O primeiro fronte a Xuvenil B (Liga Nacional), Cadete A (División de Honra) e Infantil B (Primeira Autonómica); e o segundo contra Cadete B (Liga Galega) e Infantil A (Liga Galega).

De todos eses partidos, tres foron en Abegondo. O primeiro deles foi o do Infantil B fronte ao Ural na xornada 16ª no grupo 1º da Primeira Autonómica, o pasado venres. Fronte a fronte estiveron os dous primeiros clasificados e os grandes aspirantes ao título. Venceu xustamente o Dépor (1-0), con gol de Álvaro.

Para onte sábado quedaron en Abegondo o Infantil A (3-0) e Cadete B (1-2); e en Elviña (A Coruña) o Xuvenil B (0-1) e Cadete A (0-3).

En Segunda División B, o Fabril empatou en Abegondo co Rápido de Bouzas (0-0). Malia non haber goles, o partido foi entretido e con moitas oportunidades na área viguesa, co meta visitante Brais como figura do partido.

Competiron lonxe de Abegondo nesta ocasión o Xuvenil A (1-2 hoxe en Nigrán) e Deportivo ABANCA B (0-3 en Tordoia).

Esta fin de semana tocou descanso para o Alevín B.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
17ª xornada: FABRIL 0 - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 13ª xornada: TORDOIA 0 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Alba Pérez, Sara Iglesias e Vero)

Categoría xuvenil
División de Honra, 15ª xornada: VAL MIÑOR NIGRÁN 1 - XUVENIL A 2 (Porrúa e Javi Sandá)

Liga Nacional, 14ª xornada: URAL 0 - XUVENIL B 1 (Pichu)

Categoría cadete
División de Honra, 14ª xornada: URAL 0 - CADETE A 3 (Peke, Fito e Juanma)

Liga Galega, grupo 1º, 14ª xornada: CADETE B 1 (Hugo) - VICTORIA B 2

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 14ª xornada: INFANTIL A 3 (Trigo, Roque e Álex González) - VICTORIA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 16ª xornada: INFANTIL B 1 (Álvaro) - URAL B 0

Categoría alevín
Primeira Comarcal, grupo 1º, 8ª xornada: ALEVÍN A 8 (Álvaro -2-, Óscar -2-, Jorge, Luis, Héctor e Samuel) - OBRERO A 2

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, 8ª xornada: BENXAMÍN A 7 (Janusz -2-, Anxo -3-, Diego e Éder) - ÓRDENES A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 8ª xornada: OZA JUVENIL B 1 - BENXAMÍN B 7 (Paulo -3-, Ioan -2-, Christian, Uxío e Nico)