RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 10, 11 e 12 de febreiro

A xornada desta fin de semana para #ANOSACANTEIRA arrancou o pasado venres 10 de febreiro en Abegondo coa vitoria do Alevín A sobre o Atlético Coruña Montañeros (2-0), na terceira xornada do Trofeo Luis Calvo de fútbol once.

En Terceira División, o Fabril non fallou (2-0) ante un combativo Órdenes. Importante triunfo despois da derrota da pasada fin de semana do filial deportivista en Vilagarcía.

Dos demais partidos das categorías inferiores, sobresaíron tres, dous deles na cidade deportiva.

O Xuvenil A, terceiro na División de Honra, empatou (1-1) co Oviedo, cuarto clasificado, coas cámaras de Gol en directo.

Na Liga Galega, o Cadete B, segundo na táboa, igualou (3-3) co Atlético Coruña Montañeros, terceiro. Os branquiazuis adoeceron de falta de puntería, posto que desperdiciaron innumerables oportunidades.

Hoxe, o Infantil B, líder do Grupo 1 da Primeira Autonómica, tombou ao Imperátor, segundo clasificado, nun triunfo deportivista que case supón unha sentenza definitiva ao campionato.

En categoría feminina, o Deportivo Abanca B levou o derbi coruñés ante o Victoria B (0-2).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
FABRIL 2 (Óscar -2-) - ÓRDENES 0

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: VICTORIA B 0 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Doce e Vero)

Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A 1 (Ortuño) - OVIEDO 1

Liga Nacional: RACING VILLALBÉS 3 - XUVENIL B 1 (Nico)

Categoría cadete
División de Honra: BERGANTIÑOS 1 - CADETE A 3 (Julián -2- e Bruno)

Liga Galega, grupo 1: CADETE B 3 (Pol -3-) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 3

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1: INFANTIL A 6 (Jairo, Dani Barcia, Novoa -2-, Jorge e Noel) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 0

Primeira Autonómica, grupo 1: IMPERÁTOR 2 - INFANTIL B 4 (Martín Burgos, Roque e Hugo Baldomar -2-)

Categoría alevín
Torneo Luís Calvo Sanz de fútbol once, terceira xornada: ALEVÍN A 2 (Pablo e Domínguez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 0

Segunda Fase: ALEVÍN B 6 (Óscar -2-, Álvaro -2-, Zoe e Jorge) - VICTORIA C 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 10 (Jairo -4-, Marcos -2-, David, Bruno, Montes e Carlos) - SAN TIRSO A 0

Segunda Comarcal A Coruña: VICTORIA C 1 - BENXAMÍN B 5 (Anxo -2-, Ismael, Nico e Pablo)