RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 10, 11 e 12 de marzo

A visita hoxe domingo do Cerceda, terceiro clasificado, ao Fabril, líder da Terceira División, foi sen dúbida o partido máis destacado de #ANOSACANTEIRA esta fin de semana.

Gañaron os fabrilistas con autoridade (2-0) e dan un firme paso cara ao campionato ligueiro.

En Abegondo xogaron, e gañaron, onte sábado 11 o Xuvenil B (4-0), Cadete A (2-0); o Infantil B (6-1).

En canto ao resto de categorías, sobresaíu hoxe domingo o triunfo (1-3) do Infantil A, líder da Liga Galega, sobre o Ural A, segundo clasificado; e o do Alevín A (1-2) sobre as Escolas Luis Calvo A, nun partido no que ambos os conxuntos chegaban como colíderes do grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once.

A xornada arrincou o pasado venres co triunfo (5-1) do Benxamín B sobre o Obrero B, na Segunda Comarcal A Coruña. Os deportivistas dan un paso máis cara ao título ligueiro no grupo.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
FABRIL 2 (Queijeiro e Borja Domingo) - CERCEDA 0

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: UD OURENSE 2 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Noe)

Categoría xuvenil
División de Honra: ALONDRAS 0 - XUVENIL A 3 (Aarón -2- e un futbolista rival en propia meta)

Liga Nacional: XUVENIL B 4 (Kilian, Antón, Loren e Íñigo) - CORUXO 0

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 2 (Julián e Mosquera) - CORUXO 0

Liga Galega, grupo 1º: URAL B 1 - CADETE B 1 (Concheiro)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: URAL 1 - INFANTIL A 3 (Álvaro, Nils e Iago)

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 6 (Iván, Dani, Roque, Hugo Baldomar, Mella e Álex) - MARAVILLAS A 1

Categoría alevín
Trofeo Luis Calvo de fútbol once: ESCOLAS LUIS CALVO A 1 - ALEVÍN A 2 (Domínguez -2-)

Segunda Fase, grupo 1º: SPORTING CORUÑÉS B 0 - ALEVÍN B 6 (Hugo, Óscar, Lucas, Samuel, Luis e Álvaro)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 8 (Álex -2-, Eli -2-, Pablo Vázquez, Bruno, Jairo e Dani) - BETANZOS 1

Segunda Comarcal A Coruña: BENXAMÍN B 5 (Iago, Eder, Anxo, Mosquera e Xabi) - OBRERO B 1