RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 17, 18 e 19 de febreiro

A merecida vitoria (0-1) do Xuvenil A hoxe domingo ante o líder da División de Honra, o Sporting de Gijón, foi o partido estrela dunha fin de semana con pleno de triunfos en #ANOSACANTEIRA. O cadro deportivista, terceiro, achégase á cabeza.

No Xuvenil A foi titular Mujaid, despois de xogar dous partidos esta semana coa Selección Española Sub-17 ante Croacia; e debutou o meta nixeriano Francis.

En Terceira División, o Fabril tamén venceu (0-1) no campo do Villalonga. O vindeiro domingo en Abegondo o filial deportivista recibe ao líder, o Rápido de Bouzas, do que lle separan só 2 puntos.

Xogaron onte e gañaron en Abegondo o Xuvenil B (4-0) e Cadete A (6-0), ambos ante os respectivos equipos do Choco.

Competiron e venceron como visitantes hoxe domingo o Cadete B (triunfo 2-6 en Burela); e Infantil A e Alevín A (vitorias de ambos na Cheda fronte ao Residencia por 0-3 e 0-7 respectivamente).

A xornada da fin de semana arrancou o pasado venres co triunfo dun Infantil B cada vez máis preto do título ligueiro no grupo primeiro da Primeira División Autonómica sobre o Sporting Coruñés.

Esta fin de semana descansou o Deportivo Abanca B, debido a que lle tocaba enfrontarse ao Bértola Feminino, retirado da competición.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
VILLALONGA 0 - FABRIL 1 (Álex Corredera)

Categoría xuvenil
División de Honra: SPORTING DE GIJÓN 0 - XUVENIL A 1 (Iago Novo)

Liga Nacional: XUVENIL B 4 (Rivera -2-, Loren e Valín) - CHOCO 0

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 6 (Julián -3-, Pichu, Litos e Borja) - CHOCO 0

Liga Galega, grupo 1º: SD PORTO BURELA 2 - CADETE B 6 (Martínez, Pol, Álex M. -2-, Docarmo e Fito)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: RESIDENCIA A 0 - INFANTIL A 3 (Novoa, Axel e Álvaro)

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 2 (Xosé e Quique) - SPORTING CORUÑÉS 1

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once, grupo norte: RESIDENCIA 0 - ALEVÍN A 7 (Domínguez -3-, Yago, Mella, Sierra e Carlos)

Segunda Fase, grupo 1º: CALASANZ C 2 - ALEVÍN B 5 (Óscar -2-, Pablo, Samuel e Iván)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: ÓRDENES 0 - BENXAMÍN A 8 (Sergio -2-, Eli -2-, Jairo, Dani, Bruno e Erick)

Segunda Comarcal A Coruña: BENXAMÍN B 14 (Ismael -3-, Diego -2-, Nico, Marco, Raúl, Yago -2-, Xabi -3- e Anxo) - IMPERÁTOR C 0