RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 19, 20 e 21 de xaneiro

A xornada en #ANOSACANTEIRA arrancou o pasado venres 19 de xaneiro coa celebración en Abegondo do partido da 19ª xornada da Liga Galega entre o Cadete B e o Galicia de Caranza. O triunfo foi deportivista (3-0).

Onte sábado 20 a quenda na Cidade Deportiva foi para o Infantil A, que se impuxo ao Areosa (3-1); mentres que hoxe domingo 21, o Fabril empatou (1-1) co Racing de Ferrol nun atractivo derbi; o Cadete A venceu ao Bergantiños (1-3); o Infantil B superou ao Atlético Coruña Montañeros B (4-1); e o Xuvenil A ao Alondras (3-2).

En canto ao resto de equipos, sobresae a visita do líder da Primeira División Feminina, o CCAR Valladares ao Deportivo ABANCA B. O encontro, moi disputado, acabou en igualada xusta (0-0).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
22ª xornada: FABRIL 1 (Romay) - RACING DE FERROL 1

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 17ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 0 - CCAR VALLADARES 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 20ª xornada: XUVENIL A 3 (Boedo, Sito e Carracedo) - ALONDRAS 2

Liga Nacional, 19ª xornada: OURENSE 0 - XUVENIL B 2 (Paulo e Iñaki)

Categoría cadete
División de Honra, 19ª xornada: BERGANTIÑOS 1 - CADETE A 3 (Fito, Pol e Do Carmo)

Liga Galega, grupo 1º, 19ª xornada: CADETE B 3 (Hugo -2- e Rares) - GALICIA DE CARANZA 0

Categoría infantil
Fase polo Título, 2ª xornada: INFANTIL A 3 (Sergio, Hugo García e Hugo Baldomar) - AREOSA 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 21ª xornada: INFANTIL B 4 (Diego, Trigo e Zerfu -2-) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B 1

Categoría alevín
Segunda Fase Comarcal, oitavos de final, ida: VICTORIA A 0 - ALEVÍN A 2 (Óscar e Guerrero)

Segunda Fase, grupo 1º, 1ª xornada: ALEVÍN B 9 (Dani -3-, Bruno -2-, Xenxo, Eli, Jairo e Vergara) - XESUITINAS 2

Categoría benjamín
Segunda Fase de Primeira Comarcal, 3ª xornada: BENXAMÍN A 3 (Guille, Anxo e Íker) - LUIS CALVO A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 12ª xornada: LUIS CALVO C 1 - BENXAMÍN B 13 (Gael, Ronquete -2-, Jorge -3-, Yago Trigo -2-, Mauro, Sergio, Caaveiro, Ioan e Trillo)