RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 23 e 24 de setembro

O Fabril foi o gran protagonista da fin de semana de #ANOSACANTEIRA. Dobregou hoxe domingo 24 de setembro ao Coruxo (3-1) na 6ª xornada do grupo 1º da Segunda División B, un resultado que o aúpa á segunda praza da clasificación, a un punto do líder, o Celta B.

Polo demais, o cuádruplo enfrontamento onte sábado co Racing de Ferrol marcou o resto da xornada. Dous foron no campo ferrolán da Gándara-2 (derrota do Xuvenil B e triunfo do Cadete A) e os outros dous, en Abegondo (vitorias do Cadete B e Infantil A).

Para hoxe domingo quedou, ademais do filial, o partido da Primeira Autonómica Feminina entre o Deportivo Abanca B e as Viajes InterRías Fútbol Femenino, que acabou sen goles (0-0).

De momento os dous equipos alevíns e os dous benxamíns non arrancaron as súas respectivas competicións ligueiras.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
6ª xornada: FABRIL 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - CORUXO 1

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 0 - VIAJES INTERRÍAS FÚTBOL FEMENINO 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 4ª xornada: XUVENIL A 6 (Manu -3-, Sebas, Ortuño e Sito) - RACING VILLALBÉS 1

Liga Nacional, 3ª xornada: RACING DE FERROL 2 - XUVENIL B 1 (Pichu)

Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: RACING DE FERROL 2 - CADETE A 7 (Do Carmo, Concheiro -2-, Añón, Pol, Portas e Juanma)

Liga Galega, grupo 1º, 3ª xornada: CADETE B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - RACING DE FERROL B 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 3ª xornada: INFANTIL A 2 (Roque e Hugo Baldomar) - RACING DE FERROL 1

Primeira Autonómica, grupo 1, 4 xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B 1 - INFANTIL B 5 (Ayana -3-, Héctor e Diego)

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN A 9 (Mosquera -3-, Diego, Eder, Anxo, Xabi, Guille, Janusz e Nico) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B (alevín) 3

Amigable: BENXAMÍN B 2 (Gael e Ioan) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS A 4