RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 25 e 26 de novembro

Tripla vitoria hoxe domingo en #ANOSACANTEIRA. O Xuvenil A impúxose en Abegondo ao Roces (3-1); o Deportivo ABANCA B en Arteixo (5-3) ao Sárdoma B; e o Alevín B na Torre ao Ural B (2-3).

Onte sábado 25 de novembro houbo tres derbis fronte ao Celta e os tres acabaron en igualada.

No campo vigués de Barreiro mediron as súas forzas Celta B e Fabril, dous equipos no grupo de cabeza de Segunda División B.

Nun partido de moita pelexa, houbo empate sen goles e escasas oportunidades de gol.

Antes, pola mañá en Abegondo, víronse as caras co equipo céltico o Xuvenil B (1-1) e Cadete A (3-3).

Competiron lonxe da Cidade Deportiva esta fin de semana o Cadete B (3-5 na Estrada), Infantil A (0-4 en Santiago) e Infantil B (2-0 en Ordes).

Finalmente, Alevín A e Benxamín A xogáronse onte na Torre o título da Primeira Comarcal ante os respectivos equipos do Calasanz A, a falta de 3 xornadas para o final desta primeira fase da temporada. Houbo resultado positivo para os dous equipos, que acariñan, a falta de dúas xornadas, a primeira praza.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
16ª xornada: CELTA B 0 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 5 (Alba Suárez -2-, Alba Pérez, Ainhoa e Michelle) - SÁRDOMA B 3

Categoría xuvenil
División de Honra, 14ª xornada: XUVENIL A 3 (Antón, Loren e Porrúa) - ROCES 1

Liga Nacional, 13ª xornada: XUVENIL B 1 (Rojo) - CELTA B 1

Categoría cadete
División de Honra, 13ª xornada: CADETE A 3 (Roque, Peke e Do Carmo) - CELTA A 3

Liga Galega, grupo 1º, 13ª xornada: ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE 3 - CADETE B 5 (Nils, Álex, Hugo e Mouriño -2-)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 13ª xornada: AMIO 0 - INFANTIL A 4 (Álex G., Roque, Hugo Baldomar e Lombao)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 15ª xornada: ORDES 2 - INFANTIL B 0

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 1º, 7ª xornada: CALASANZ A 0 - ALEVÍN A 1 (Ayana)

Segunda, grupo 1º, 7ª xornada: URAL B 2 - ALEVÍN B 3 (Dani e Eli -2-)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal, grupo 2º, 7ª xornada: CALASANZ A 1 - BENXAMÍN A 1 (Diego)

Segunda Comarcal A Coruña, 7ª xornada: BENXAMÍN B 8 (Ioan -3-, Pablo -2-, Trigo, Paulo e Gael) - IMPERÁTOR C 1