RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 3, 4 e 5 de marzo

Todos os equipos de #ANOSACANTEIRA retomaron a competición tras o parón da pasada fin de semana.

En Terceira División, o Fabril gañou na sempre complicada cancha do Choco de Redondela (0-1) e é máis líder polo resbalón do Rápido de Bouzas.

O venres xogou en Abegondo o Cadete B (1-0 ao Viveiro A). Onte sábado fíxoo o Xuvenil A (4-0 ao Roces) e Infantil A (5-1 ao Xuventude de Oroso); e hoxe domingo, a quenda foi para o Alevín A (3-2 ao Lugo A) e o Deportivo Abanca B (4-1 ao Sárdoma B), este en Arteixo.

Nas demais categorías sobresae o choque do Benxamín A, líder da Primeira Comarcal A Coruña, que visitou ao Olímpico A, segundo. Houbo empate (1-1), e a liga segue aberta, aínda que un pouco máis preto do Dépor.

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
CHOCO 0 - FABRIL 1 (Óscar)

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Nati -2-, Vero e Michelle) - SÁRDOMA B 1

Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A 4 (Sito, Aarón, Pedro e Ortuño) - ROCES 0

Liga Nacional: CALASANZ 3 - XUVENIL B 1 (Óscar Lorenzo)

Categoría cadete
División de Honra: PABELLÓN 1 - CADETE A 2 (Barbeito -2-)

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 1 (Portas) - VIVEIRO A 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 5 (Jorge -3-, Jairo e Novoa) - XUVENTUDE DE OROSO 1

Primeira Autonómica, grupo 1º: ÓRDENES 1 - INFANTIL B 6 (Hugo Baldomar -5- e Diego)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte: ALEVÍN A 3 (Domínguez, Samuel e Carlos) - LUGO A 2

Segunda Fase alevín: ALEVÍN B 9 (Pablo -4-, Óscar, Zoe, Jorge, Iván e Lucas) - IMPERÁTOR C 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: OLÍMPICO A 1 - BENXAMÍN A 1 (Montes)

Segunda Comarcal A Coruña: RAYO SADENSE B 2 - BENXAMÍN B 10 (Pablo -3-, Nico -2-, Xabi, Guille, Eder, Íker e Mosquera)