RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 30 de setembro e 1 de outubro

Co Fabril vencedor en Ponferrada e novo líder da Segunda División B, só tres equipos de #ANOSACANTEIRA xogaron en Abegondo esta fin de semana: Xuvenil B (triunfo ante o Arosa SC), Cadete A (empate fronte ao ED Arousa SD) e Infantil B (goleada ao Imperatór B).

Lonxe de Abegondo competiron o Deportivo ABANCA B (vencedor ante o Umia); Xuvenil A (triunfo fronte ao Alondras); e o Cadete B e o Infantil A (perdedor e gañador respectivamente en Lugo).

De todos eles sobresaen o Xuvenil A, que manda no grupo 1º da División de Honra; e o Infantil A, tamén á fronte do grupo 1º da Liga Galega.

Por outra banda, os dous equipos alevíns do Deportivo participaron onte sábado 30 de setembro na segunda edición do Torneo de fútbol 8 organizado pola SD Guitiriz, na citada localidade lucense. O Alevín A logrou a terceira praza e o Alevín B acabou décimo clasificado.

Finalmente, o Benxamín B tivo un novo exame de pretemporada, esta vez na localidade ourensá de Velle, con motivo da sexta edición do Memorial Manolo Carrera. Os deportivistas foron brillantes campións.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
7ª xornada: PONFERRADINA 0 - FABRIL 1 (Edu Expósito)

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 4ª xornada: UMIA 1 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Vero, Sara Iglesias, Lidia e unha futbolista rival en propia meta)

Categoría xuvenil
División de Honra, 5ª xornada: ALONDRAS 0 - XUVENIL A 4 (Ortuño, Sebas -2- e Manu)

Liga Nacional, 4ª xornada: XUVENIL B 2 (Roja -2-) - AROSA SC 1

Categoría cadete
División de Honra, 4ª xornada: CADETE A 1 (Pol) - ED AROUSA SD 1

Liga Galega, grupo 1º, 4ª xornada: LUGO B 1 - CADETE B 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 4ª xornada: LUGO A 1 - INFANTIL A 6 (Roque -4-, Dani e Álex González)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 5ª xornada: INFANTIL B 7 (Diego, Marco Baña, Jorge Oreiro, Trigo -2- e Zerfu -2-) - IMPERÁTOR B 1

Categoría alevín
Torneo de Fútbol 8 da SD Guitiriz
Sábado 30 de setembro
Primeira Fase
ALEVÍN A 10 (Álvaro, Héctor -2-, Guerreiro -3-, Luís, Dani, Ayana e Óscar) - PORTO DE BURELA 0
GUITIRIZ 0 - ALEVÍN A 13 (Óscar -3-, Héctor -3-, Álvaro -2-, David -2-, Guerrero -2- e Dani)
ALEVÍN A 1 (Dani) - URAL 2
Cuartos de final
ALEVÍN A 1 (Ayana) - LUGO 1. Por penaltis: 3-2
Semifinal
ALEVÍN A 0 - URAL A 2
Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN A 5 (Óscar -2-, Pablo, Héctor e Oreiro) - LUIS CALVO 1

Primeira Fase
VICTORIA 2 - ALEVÍN B 2 (Dani -2-)
ALEVÍN B 1 (Álex) - LUGO 3
MILAGROSA 0 - ALEVÍN B 5 (Jairo -2-, Bruno -2- e Raúl)
Posto 9º ou 10º
ALEVÍN B 0 - URAL B 1

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN A 2 (Anxo -2-) - URAL B (alevín) 4

V Memorial Manolo Carrera en Velle (Ourense)
Sábado 30 de setembro
Primeira Fase
LUGO B 1 - BENXAMÍN B 4 (Nico -2-, Sergio e Uxío)
BENXAMÍN B 5 (Pablo Ronquete -2-, Gael, Yago Trigo e Ioan) - VELLE 0
BENXAMÍN B 5 (Sergio -2-, Paulo, Iago e Uxío) - MACEDA 0
Cuartos de final
OURENSE 1 - BENXAMÍN B 3 (Ioan, Pablo Ronquete e Uxío)
Semifinal
PAVILLÓN 2 - BENXAMÍN B 2 (Pablo Ronquete e Gael). A penaltis: 5-6
Final
BENXAMÍN B 3 (Nico, Gael e un futbolista rival en propia meta) - SPORTING BRAGA 3. A penaltis: 5-4