RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 8 e 9 de abril

Última fin de semana ligueira para #ANOSACANTEIRA antes do parón de Semana Santa, que dará paso a torneos amigables por toda España e en Europa para os equipos inferiores do RC Deportivo.

Hoxe domingo 9 de abril, o Xuvenil A finalizou a competición no grupo primeiro da División de Honra, coa clasificación para a Copa do Rei xa no peto, como un dos dous mellores terceiros do sete grupos. O conxunto deportivista gañou (1-7) ao Marina Sport cántabro e demostra que chega á competición copeira en plenitude de forma.

Tamén o Fabril visitou ao Ribadumia e deixouse dous puntos (1-1). A distancia co segundo, o Rápido de Bouzas, redúcese: 68 puntos os fabrilistas por 64 os vigueses.

Para hoxe, ademais do Fabril e Xuvenil A, quedou o partido do Deportivo Abanca B en Arcade (2-4) e o do Infantil A en o campo coruñés da Leyma (0-2 ao Calasanz).

Xogaron onte sábado 8 de abril en Abegondo o Xuvenil B (7-1 ao Arousa), Cadete A (7-1 ao Arousa) e Infantil B (6-0 ao Bergantiños B). Con este resultado, o Infantil B proclamouse matematicamente campión do grupo 1º da Primeira División Autonómica, a falta de tres partidos.

É o cuarto título para a canteira deportivista esta temporada, tras os logrados polo Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

Esta fin de semana descansou o Cadete B, porque lle tocaba xogar contra o Xuventú de Aguiño (retirado da competición); o Alevín A, que participa desde hoxe domingo no Mundialito de Cambrils (Tarragona); e o Benxamín B, que acabou a liga a semana pasada como campión da Segunda Comarcal A Coruña.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
RIBADUMIA 1 - FABRIL 1 (Manu Molina)

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: ARCADIA 2 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Vero -3- e Raña)

Categoría xuvenil
División de Honra: MARINA SPORT 1 - XUVENIL A 7 (Sandá, Iago Parga, Porrúa -2-, Pedro-2- e un futbolista rival en propia porta)

Liga Nacional: XUVENIL B 7 (Rojo -4-, César, Antón e Rivera) - AROSA 1

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 7 (Pichu -4-, Julián -2- e Iván) - AROSA 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: CALASANZ 0 - INFANTIL A 2 (Axel e Chucas)

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 6 (Matías, Hugo Baldomar -2-, Lombao, Quique e Xosé) - BERGANTIÑOS B 0

Categoría alevín
Segunda Fase, grupo 1º: LUIS CALVO D 0 - ALEVÍN B 10 (Hugo -2-, Carballo -2-, Dani, Samuel, Álvaro, Iván, Luis e Pablo)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 4 (Montes -2-, Eli e Jairo) - LUIS CALVO A 0