RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA esta fin de semana, con sobresaliente para Fabril, Xuvenil A e Infantil A

O primeiro encontro do Fabril no seu regreso á Segunda División B, en Fuenlabrada, foi o partido estrela da fin de semana en #ANOSACANTEIRA. Sobresaliente actuación do equipo fabrilista, que foi capaz de remotar un temperán gol local.

Tamén hoxe domingo, o Xuvenil B logrou a medalla de bronce na Sinde's Cup de O Val (Ferrol). Caeu ante o Lugo en semifinais e superou ao conxunto anfitrión, O Val, na final de consolación.

Por outra banda, catro equipos xogaron o Torneo da AFAC: Xuvenil B, Cadete A, Cadete A San Tirso e Infantil A. A competición finalizou onte sábado 19 pola tarde, coa disputa das finais do tres categorías no campo da Grela 1. Foi campión da súa categoría o Infantil A; o Cadete A foi semifinalista; mentres que o Xuvenil B e o Cadete A San Tirso caeron na Primeira Fase.

Finalmente, o Xuvenil A adxudicouse onte sábado en Aguilar de Campoo (Palencia) o Torneo de La Galleta, que en 2011 gañou o primeiro equipo fronte ao Rayo Vallecano. Ademais, o deportivista Sito foi nomeado o mellor xogador dun trofeo no que tamén participaron o Athletic Club e o Valladolid.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
FUENLABRADA 1 - FABRIL 2 (Uxío e Óscar Pinchi)

Categoría feminina
Amigable: BEIRAMAR CF (sénior masculino) 10 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Categoría xuvenil
Torneo de La Galleta en Aguilar de Campoo (Palencia)
Sábado 19 de agosto
VALLADOLID 0 - XUVENIL A 1 (Sito)
ATHLETIC CLUB 0 - XUVENIL A 1 (Sito)

Torneo da AFAC
Primeira Fase
Venres 18 de agosto
XUVENIL B 1 (Álex Medrano) - GALICIA CARANZA 2

Sábado 19 de agosto
VILAPOUCA (Portugal) 0 - XUVENIL B 7 (César -2-, Paulo, Iñaki, Ernesto e Bruno -2-)

Con estes resultados, o equipo deportivista quedou apeado da competición.

Sinde's Cup
Domingo 20 de agosto
Semifinal
XUVENIL B 0 - LUGO 3

Terceiro e cuarto posto
O VAL 0 2 - XUVENIL B 5 (Álex, Borja, Paulo, Jorge e Ernesto)

Categoría cadete
Torneo da AFAC
Primeira Fase
Venres 18 de agosto
SANTIAGO DE COMPOSTELA 0 - CADETE A 2 (Juanma e Concheiro)

Sábado 19 de agosto
CADETE A 2 (Juanma e Peke) - BERGANTIÑOS 1

Semifinal
CADETE A 2 (Pol e Portas) - CALASANZ 4

Primeira Fase
Venres 18 de agosto
CADETE A SAN TIRSO 2 (Axel e Jairo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 0
CELTA 2 - CADETE A SAN TIRSO 0

O Cadete A San Tirso quedou apeado con estes resultados

Amigable: CADETE B 5 (Hugo -2-, Nils, Fran e Mouriño) - ORILLAMAR B (xuvenil) 0

Categoría infantil
Torneo da AFAC
Primeira Fase
Venres 18 de agosto
URAL 1 - INFANTIL A 3 (Hugo Baldomar, Dani Sánchez e Rubén)

Sábado 19 de agosto
INFANTIL A 5 (Dani -2-, Quique, Trigo e Álex González) - IMPERÁTOR 0

Final
CALASANZ 2 - INFANTIL A 3 (Iván, Quique e Dani)