RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados de #ANOSACANTEIRA hoxe martes

Entre hoxe martes e mañá mércores hai dous partidos oficiais (Cadete A e Benxamín A) e dous amigables (Alevín A e Benxamín B) de #ANOSACANTEIRA.

A derrota do Cadete A fronte ao Ural (1-0) na División de Honra corresponde á xornada que foi aprazada a principio do mes de febreiro polo temporal de vento e choiva que azoutou eses días A Coruña.

O choque do Benxamín A, que se saldou tamén con derrota deportivista ante o Calasanz (0-2), é da xornada do próximo fin de semana na Primeira Comarcal, que se adiantou a esta tarde pola festividade de Entroido.

Os resultados de hoxe martes foron os seguintes:

Categoría cadete
Partido pertencente á 21ª xornada: URAL 1 - CADETE A 0
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 67 puntos; 2. Cadete A, 57 puntos; 3. Victoria, 44 puntos...

Categoría alevín
Amigable: ALEVÍN A - CALDAS B (infantil), mañá mércores 22 de febreiro ás 19:30 en Abegondo

Categoría benxamín
BENXAMÍN A 0 - CALASANZ 2
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benjamín A, 57 puntos; 2. Olímpico A, 50 puntos...

Amigable: BENXAMÍN B 9 (Diego -3-, Nico -2-, Eder, Guille, Pablo e Xabi) - ORILLAMAR A 5