RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados de #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

A fin de semana hai 4 partidos de #ANOSACANTEIRA na Cidade Deportiva, 3 deles hoxe sábado.

O Fabril caeu co Pontevedra CF (0-1) e non logra saír da dinámica negativa.

Pola mañá competiron o Xuvenil B (3-0 ante o Rápido de Bouzas) e Infantil A (2-1 fronte ao ED Val Miñor Nigrán).

Mañá domingo 31 (12:00), o Infantil B mídese ás Ordes SD, neste caso con acceso gratuíto para os afeccionados.

Lonxe da Cidade Deportiva xogan o resto de equipos, a máis diso os alevíns e benxamíns. Hoxe sábado, o Cadete B visitou ao CF Dumbría (1-2); e xa mañá domingo 31, o Xuvenil A (11:00) ao Real Racing Club de Santander, e o Alevín A (09:15, Elviña Pequeno) ao CD Calasanz.

O partido da División de Honra entre o Cadete A e o San Tirso SD, o pasado xoves 28 de marzo, abriu a xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA. Os branquiazuis, após a derrota do pasado partido na Coruña fronte ao CD Calasanz, recuperaron o sorriso (4-2).

Finalmente, o Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina, ten dúas semanas de parón. Renovará a competición o domingo 14 de abril en Abegondo ante o Victoria CF B.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
31ª xornada: FABRIL 0 - PONTEVEDRA CF 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 29ª xornada: REAL RACING CLUB - XUVENIL A, o domingo 31 de marzo ás 11:00 na Albericia (Santander)

Liga Nacional, 28ª xornada: XUVENIL B 3 (Luque, Mario e Fito) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Categoría cadete
División de Honra, 28ª xornada: CADETE A 4 (Noel -2-, Abele e Hugo Suárez) - SAN TIRSO SD 2 

Liga Galega, grupo norte, 28ª xornada: CF DUMBRÍA 1 - CADETE B 2 (Mauro e Trigo)

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 11ª xornada: INFANTIL A 2 (Mella e Marco Baña) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1

Primeira Autonómica, grupo 1º, 31ª xornada: INFANTIL B - ORDES SD, o domingo 31 de marzo ás 12:00 en Abegondo

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 7ª xornada: CD CALASANZ - ALEVÍN A, o domingo 31 de marzo ás 09:15 en Elviña pequeno

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 6ª xornada: URAL CF C 2 - ALEVÍN B 7 (Janusz -2-, Balbas -2-, Guillermo, Nico Ruiz e Diego)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 18ª xornada: BENXAMÍN A - VICTORIA CF A, o domingo 31 de marzo ás 12:00 na Torre (campo 2.2)

Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 7ª xornada: CD CALASANZ C 0 - BENXAMÍN B 7 (José Quiroga -3-, Lucas Vázquez, Iago Lameiro, Hugo e Iago José)