RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #anosacanteira hoxe sábado e partidos para mañá domingo

Hoxe sábado 8 de decembro arrincou unha nova xornada de liga en #ANOSACANTEIRA. Repiten partido esta semana Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete B e Infantil A.

De todos eles, xogáronse unicamente en Abegondo os encontros do Cadete B (6-0 contra o Orillamar SD) e Infantil A (7-0 ante o EF Lalín).

Competiu, e ben, lonxe da Cidade Deportiva o Fabril fronte ao Unionistas de Salamanca CF.

Após a espectacular remontada da pasada fin de semana ante o Real Madrid, Sergio Pellicer, técnico fabrilista, buscaba encadear resultados positivos que permitan ao filial saír da zona perigosa.

E conseguiuno cun empate (0-0) que puido ser un botín máis saboroso se May, Gandoy ou Montiel acertasen ante a meta rival.

Para mañá domingo quedan os compromisos do Deportivo ABANCA B (12:30 en Sanxenxo), Xuvenil A (12:15 en Santander fronte ao Atlético Perines) e Xuvenil B (12:00 en Vigo ante o UD Santa Mariña).

Destaca a visita do Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina con 39 puntos, ao Viaxes InterRías FF, segundo con 35 puntos. Unha vitoria deportivista suporía un paso de xigante cara ao título ligueiro.

Esta fin de semana toca descanso nas competicións de liga para alevíns e benxamíns; ademais do Cadete A e Infantil B, cuxos partidos pasaron ao xoves 13 e mércores 12 respectivamente.

No caso do Cadete A, o motivo é a súa participación esta fin de semana no Torneo Vila de Cabanillas (Navarra).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B

16ª xornada: UNIONISTAS DE SALAMANCA CF 0 - FABRIL 0

Categoría feminina

Primeira Autonómica Feminina, 14ª xornada: VIAXES INTERRIAS FF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 9 de decembro ás 12:30 en Baltar de Arriba (Sanxenxo)

Categoría xuvenil

División de Honra, 16ª xornada: ATLÉTICO PERINES - XUVENIL A, o domingo 9 de decembro ás 12:15 no campo Vicente Miera (Santander)

Liga Nacional, 15ª xornada: UD SANTA MARIÑA - XUVENIL B, o domingo 9 de decembro ás 12:00 no campo de Cotogrande 2 (Vigo)

Categoría cadete

División de Honra, 15ª xornada: UD SANTA MARIÑA - CADETE A, o xoves 13 de decembro ás 17:00 en Cotogrande (Vigo)

Liga Galega, grupo norte, 15ª xornada: CADETE B 6 (Lombao, Matos, Manu Berrocal, Mella -2- e Carlos) - ORILLAMAR SD 0

Categoría infantil

Liga Galega, grupo norte, 15ª xornada: INFANTIL A 7 (Martín -3-, Domínguez -2-, Mardones e Martiño) - EF LALÍN 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 17ª xornada: INFANTIL B - SPORTING CORUÑÉS SD, o mércores 12 de decembro ás 19:00 en Abegondo