RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para o domingo

Após o parón do Nadal, todos os equipos de #ANOSACANTEIRA regresan á competición, salvo o Alevín B, que arrinca a Segunda Fase, no seu grupo 1º, a próxima fin de semana.

En Segunda División B, o Fabril visita ao San Sebastián de los Reyes o domingo 14 de xaneiro ás 12:00 cun obxectivo claro, recuperar a segunda praza agora en poder do Rayo Majadahonda.

Gustavo Munúa, técnico fabrilista, citou a estes xogadores: Álex Cobo, Francis, Blas, Quique Fornos, One, Lucas, Diego Caballo, Raúl González, Gaizka, Queijeiro, Martín Bengoa, Edu Expósito, Romay, Borja Galán, Uxío; e os xuvenís Óscar e Pedro.

Xogan en Abegondo nesta ocasión só dous equipos: Xuvenil B (mañá domingo ás 12:00) e Cadete A (triunfo hoxe sábado por 3-0). Para o partido de mañá, os socios teñen libre acceso. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.

Compiten fóra de casa mañá domingo o Deportivo ABANCA B (na Coruña); e hoxe sábado fixérono o Xuvenil A (0-4 en Vilalba), Cadete B (4-0 en Oroso) e Infantil B (0-3 en Cambre).

O Infantil A, campión do grupo norte, arrinca a carreira polo título galego coa Segunda Fase, da que sairá o campéon galego.

O formato de competición será de liga a dobre volta, co catro primeiros clasificados do grupo norte (Infantil A, Calasanz, San Tirso e Xuventude de Oroso) e o catro primeiros do grupo sur (Celta, Val Miñor Nigrán, Ourense e Areosa).

O primeiro rival do Infantil A será o San Tirso, o mércores 17 de xaneiro ás 19:15 no campo de O Monte (San Tirso).

Finalmente, o Infantil do Dépor, cos técnicos Juan Villamisar e David Lagar á cabeza compite na Internationalen Ou13 Sportdeal24 Cup que se desenvolve até mañá domingo 14 de xaneiro en Wermelskirchen (Alemaña).

O conxunto deportivista levou a cabo a súa preparación para este torneo nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña, para adaptar o seu xogo a esta modalidade que no centro e norte de Europa ten tanto arraigamento nos meses de inverno, o fútbol indoor.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
21ª xornada: SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES - FABRIL, o domingo 14 de xaneiro ás 12:00 no campo Matapiñonera (San Sebastián de los Reyes)

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 16ª xornada: ORZÁN SD - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 14 de xaneiro ás 16:00 en La Torre

Categoría xuvenil
División de Honra, 19ª xornada: RACING VILLALBÉS 0 - XUVENIL A 4 (Sito, Ortuño, Joel e Parga)

Liga Nacional, 18ª xornada: XUVENIL B - BOIRO, o domingo 14 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría cadete
División de Honra, 18ª xornada: CADETE A 3 (Peke -2- e Do Carmo) - VAL MIÑOR NIGRÁN 0

Liga Galega, grupo 1º, 18ª xornada: XUVENTUDE DE OROSO 4 - CADETE B 0

Categoría infantil

Internationalen Ou13 Sportdeal24 Cup, en Wermelskirchen (Alemaña)

Sábado 13 de xaneiro

Primeira Fase

DEPORTIVO 4 (Gabri, Carlos, Yago e Domínguez) - FC VIKTORIA KÖLN 1
DEPORTIVO 6 (Mella -2-, Carlos, Marcote, Yago e Dani) - JSG HILIGFELD 0
BORUSSIA DORTMUND 0 - DEPORTIVO 3 (Domínguez, Marcote e Carlos)

Segunda Fase

DEPORTIVO 4 (Mella -2-, Yago e Gabri) - CAMBRIDGE UNITED FC 3
DEPORTIVO 3 (Mella -2- e Domínguez) - SC CHARLOTENBURG 1
BAYER LEVERKUSEN 1 - DEPORTIVO 3 (Yago, Domínguez e Carlos)

Domingo 14 de xaneiro

Terceira Fase

09:37: DEPORTIVO - EINTRACHT BRAUNSCHWEIG
11:25: DEPORTIVO - MIDDLESBROUGH
13:00: DEPORTIVO - 4º CLASIFICADO DO GRUPO 2º

Play Off polo Título da liga Galega, 1ª xornada: SAN TIRSO - INFANTIL A, o mércores 17 de xaneiro ás 19:15 en O Monte (San Tirso)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 20ª xornada: SPORTING CAMBRE 0 - INFANTIL B 3 (Diego, Marco Baña e un futbolista rival en propia meta)

Categoría alevín

Oitavos de final da Segunda Fase Comarcal, volta: ALEVÍN A 9 (Héctor -4-, Óscar -3- e Hugo -2-) - ORDES A 0. Na ida: 5-0

Categoría benjamín

Segunda Fase Primeira Comarcal, 2ª xornada: URAL A 0 - BENXAMÍN A 4 (Xabi, Mosquera, Janusz e Pablo)

Segunda Comarcal A Coruña, 11ª xornada: BENXAMÍN B 14 (Caaveiro -3-, Paulo -2-, Trigo -2-, Uxío, Ioan, Sergio, Iago Vázquez e Ronquete -3-) - ATLÉTICO ARTEIXO C 0